Teo, 15 de xaneiro do 2021 – O Concello de Teo entrega os 50 vales de 100 euros para gastar no comercio local da campaña de Nadal.
O Departamento de Promoción económica e Turismo de Teo vén de realizar o sorteo público da iniciativa Tamén no Nadal coidamos do local. O sorteo realizouse este mércores no salón de plenos e publícase a listaxe de persoas premiadas que se pode consultar en este enlace.
No sorteo entraron aqueles que fixeron un gasto de 50 euros nalgún dos establecementos adheridos e o tiveran entregado xunto cos seus datos nalgunha das caixas da campaña. Máis de 100 empresas entre comercio, mercado do alimento labrego ou artesanía participaron este ano nesta campaña.
O importe dos premios pódese gastar ata o 13 de febreiro. As persoas agraciadas teñen un mes para consumir nalgún ou en varios dos locais integrados na campaña. No directorio de establecementos participantes podense atopar tendas de alimentación, de produtos do fogar, boutiques, clínicas, florarías, estancos e lotarías, fotografía, libraría-papelería, mercerías, ópticas, peiteado e estética, servizos do fogar, ximnasios e xardinería e produtos agrícolas.
María López, concelleira de Promoción Económica, explica que “deste xeito premiamos o consumo militante da xente que mercou no comercio local e ao mesmo tempo estes cartos volven a estes establecementos que lle dan vida ao Concello”.
Vídeo do sorteo
