займ срочно

Oposición á apertura da pirotecnia de Solláns en Teo

0

Bisbarra, 15 de xullo do 2022 – A solicitude, á subdelegación do Goberno, dos permisos necesarios para a apertura dun taller pirotécnico en Teo provoca a preocupación dos veciños e a oposición dos grupos municipais.

Hai un ano o departamento de urbanismo, aínda coa socialista Uxía Lemus como concelleira, arquivou de xeito definitivo a última solicitude de licenza para a legalización da pirotecnia de Sollans. Esta denegación obriga aos propietarios a iniciar un novo proceso que ten que comezar pola solicitude á subdelegación.

O organismo informou ao concello da exposición pública da petición por un período de vinte dias. O equipo de goberno convocou unha reunión veciñal para onte xoves co fin de explicar a situación e o novo escenario. Na reunión animouse á veciñanza a presentar as alegacións oportunas.

Pola súa banda a voceira socialista, Uxía Lemus, mantivo unha conversa telefónica coa subdelegada do Goberno, María Rivas, co fin de trasladarlle a oposición veciñal e valorar as posibles alegacións.

O trámite que ven de comezar é unicamente a solicitude dun informe previo a subdelegación. Tras el os impulsores da nova pirotecnia precisan a licenza de obra e de actividade, ambas as dúas de competencia municipal. O arquivo da licenza anterior comezara no ano 2016 e chegou a supoñer unha denuncia penal por prevaricación contra a concelleira Uxía Lemus que foi finalmente arquivada.

Lemus indica que “durante os últimos anos, cando estabamos no goberno municipal, amosamos con feitos a determinación dos e das Socialistas de Teo contra esa reapertura. Agora, desde a oposición, faremos todo o que está nas nosas mans para loitar contra a reapertura da Pirotecnia en Solláns, reafirmando o noso compromiso coa veciñanza nesta loita común”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies