Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo presenta a Feira do San Martiño

teo feira san martinho 3 novembro 2025

Unha edición moi especial xa que este ano o San Martiño foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia


O Concello de Teo presentou unha nova edición da Feira do San Martiño. Celebrarase os días 8, 9, 10 e 11 de novembro na Carballeira de Francos, un espazo no que leva tendo lugar máis de 500 anos.. 

Como todos os anos, a oferta de actividades é ampla e diversa, pensada para todos os tramos de idade e centrando a súa oferta na figura do cabalo. O San Martiño comezará o sábado, 8 de novembro, cun obradoiro de cosmética natural e o baile de maiores, o cal se vén celebrando cada segundo sábado de mes en Rarís e que, nesta ocasión, pasará a levarse a cabo na carpa institucional situada na Carballeira de Francos.

Seguidamente, o pregón correrá a cargo dos alumnos e alumnas que conforman a Aula de Teatro do IES Cacheiras, por ser un centro referente no concello. Un instituto que presume da historia do seu municipio e que fomenta uns valores entre a súa rapazada que son dignos de admirar.

A continuación, o grupo “Cantos da Terra” amenizará a tardiña do San Martiño para logo, cara ás 22.00 horas, dar paso a un concerto do rapeiro galego Habló Pablo, enfocado cara un público máis xuvenil e adulto. Desta forma, conxúganse estilos diferentes pero con cabida no concello de Teo. Ambos concertos serán de balde e terán lugar na carpa institucional, na carballeira.      

O domingo, 9 de novembro, será a Feiriña do San Martiño, con diversas actividades pensadas para os máis pequenos da casa. Ademais dos obradoiros de chapas e galletas de Martiño O Cabaliño, que tiveron moi boa acollida na pasada edición, tamén haberá xogos familiares pola mañá e pola tarde. Cara as 17.30 horas será a quenda de Pakolas, co seu concerto “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, tamén na carpa institucional.

Día grande do San Martiño

O Concello de Teo celebrará a súa feira grande como cada ano o 11 de novembro, día propio do San Martiño. Porén, este ano non haberá presenza de animais na feira, debido ás medidas preventivas impostas pola Xunta de Galicia fronte á dermatose nodular contaxiosa. Neste senso, non haberá mercado gandeiro nin as persoas poderán acudir á feira a cabalo.

A xornada seguirá adiante cos postos das polbeiras e os mercados tradicional e de artesanía. Tamén se realizarán demostracións en vivo, catas e degustacións de produtos de calidade diferenciada.

Para poder participar nestas actividades, os interesados deberán anotarse na páxina do Concello, ao haber prazas limitadas. Para os máis pequenos tamén haberá diversos espectáculos, entre eles os organizados pola tradicional A Barraca de Barriga Verde -en sesión de mañá e tarde- e un espectáculo itinerante de música en vivo con “O Cego na feira”. A nota musical correrá a cargo da charanga da Sociedade Recreativa de San Xoán de Calo.

Post navigation

Previous: O pleno de Ames evidencia os problemas do comedor de Ventín
Next: A taxa do lixo divide de novo á corporación de Ames

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.