Bisbarra, 23 de outubro do 2023 – O concello de Teo celebrará do 4 ao 12 de novembro unha das festas máis antigas de Galicia a do San Martiño.
Será a primeira vez que Teo celebre o San Martiño cunha muller no cargo de rexedora, tras a vitoria da popular Lucía Calvo o pasado mes de maio. O programa contempla unha variedade de actividades para toda a familia, a tradicional feira cabalar con máis d 500 anos de historia ou unha andaina audioguiada.
As celebracións comezarán unha semana antes do día grande. O sábado 4 de novembro ábrese o programa “arre o San Martiño” coa andaina “Sentir Teo no Camiño” de 10 a 12 do mediodía. Esta andaina, que será audioguiada, partirá da Carballeira de Francos e as inscricións poden facerse no concello.
As catro da tarde terá lugar o pregón da Feira que este ano correrá a cargo do actor, director e produtor Rubén Riós. A continuación, e ata as seis da tarde, terá lugar o evento deportivo familiar Gladiator Kids.
O domingo 5 de novembro o programa de actividades comeza as once e media da mañá co espectáculo A Eira do Paporrubio: varietés do animalario. A partir das doce haberá un obradoiro de Arte Rupestre da man do Colectivo da Rula e outro de preparación do cabalo para eventos con Sandra Soneira. Ao longo de toda a mañá actuará tamén na carballeira Ce Orquestra Pantasma.
A xornada rematará pola tarde coa xornada de portas abertas: Coñece sobre a cría e coidado dos cabalos. Este evento terá lugar no Centro ecuestre Rebeca Román e na Hípica Horas de Compostela.
O luns seis será unha xornada reservada para os colexios do concello. Inaugurarase unha exposición itinerante Onde foi Barriga Verde, da asociación cultural Morreu o Demo e que viaxará polos colexios ata o día 15.
O venres 1o presentase a exposición “O arte de revivir as carballeiras dende o San Martiño” do escultor José Manuel Toirán. Tamén este venres presentarase “Martiño, o cabaliño” con Oscar Villán. A xornada rematará cunha noite de foliadas a cargo dos Enxebres de Cacheiras.
O día grande do san Martiño, o 11 de novembro, desde as 8 da mañá abrirase a feira cabalar. Ao longo de todo o día haberá un mercado tradicional e as típicas polbeiras, ademais dunha exposición de artesanía feita en Teo.
A gastronomía terá un peso moi importante na xornada xa que haberá unha degustación de mel de Galicia a cargo de Consello regulador. Unha degustación das catro denominacións de orixe de queixo de Galicia coa colaboración do Consello Regulador do Queixo de tetilla.
Por outra banda terá lugar unha Cata e degustación dos viños con Denominación de Orixe Rías Baixas da man da enóloga Cristina Mantilla. Esta mesma experta será a encargada de coordinar un túnel do viño centrado nos que se producen en Teo. Ademais os Biosbardos desenvolverán un Obradoiro de Galletas San Martiño.
Ao longo de toda a xornada a música estará presente na carballeira de Francos co espectáculo o Cego na feira e a Charanga Calo. A Barraca de Barriga Verde con actuacións e animacións en porta tamén ao longo da xornada.
O domingo 12 pecharanse as actividades do San Martiño 2023 co Garabato de xogos para os máis pequenos, unha ruta teatral poética e musical da Feira de San Martiño e un atranque infantil propia da feira.