Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo presenta a programación do San Martiño 2022

O concello de Teo ven de avanzar a programación do san Martiño 2022, a feira cabalar máis antiga da contorna.
teo-san-martinho-31-outubro-2017-slide_r

Bisbarra, 29 de outubro do 2022 – O concello de Teo ven de avanzar a programación do san Martiño 2022, a feira cabalar máis antiga da contorna.

A carballeira de Francos volverase a encher de feira e festa o 11 de novembro. A música e o cabalo serán os dous ingredientes que protagonizan o cartel. María López, concelleira de Turismo, destaca que “este ano traballaremos para darlle ao cabalo o lugar que merece na feira”

A programación comeza o sábado 5 de novembro cunhas xornadas formativas sobre a cría e o coidado da cabalaría. Será na carpa municipal, na carballeira, en horario de mañá e tarde. Esta actividade organízase en colaboración co colectivo Amigos do cabalo de Teo.

Esa mesma xornada as nove da noite terá lugar un concerto de Treixadura. Será de balde tamén na carballeira, o escenario central de toda a programación. Con máis de 30 anos de historia, Treixadura trae a Teo un espectáculo no que se combina a música de raíz cunha visión actual da música tradicional galega.

O domingo 6 celebrarase a Feiriña, un evento pensado para as familias con crianzas. Como o ano anterior contará con música en directo, obradoiros para crianzas e paseos a cabalo.

Na mañá do domingo 6 tamén se fará un roteiro, programado dende o departamento de deportes. Ás 10:30 horas sairán da Casa Común de Francos para facer a ruta das tres aldeas. Para participar hai que inscribirse en https://www.teo.gal/gl/actividades a partir de primeiros de mes.

Ollares do San Martiño

O mércores 9 inaugúrase a exposición fotográfica Ollares do San Martiño, con imaxes dos fotógrafos Óscar Corral e Noel Feans e da fotógrafa Uma Lopes, realizadas na feira do ano pasado. Na última edición “contamos con estas tres miradas artísticas sobre a feira e este ano queremos compartir parte deste traballo, primeiro nunha exposición na contorna e logo presentando un espazo na web municipal que aloxará o material gráfico” indica a concelleira María López.

Véspera

Aínda que a feira cabalar só se celebra o 11 nos días previos xa están instaladas as carpas do polbo e moita xente da contorna achégase a tomalo, sobre todo na noite do día 10. Nesa xornada tamén se celebrarán os tradicionais cantos de taberna.

Feira e mercado

O 11 chega o día grande no que os cabalos chegan á feira ben cedo. Porque o San Martiño é unha feira cabalar na que a compravenda de animais segue sendo un elemento destacado. Ao carón dos animais tamén teremos espazo e tempo para o mercado tradicional e este ano para unha mostra de razas equinas e de gornicións. Contaremos de novo coa barraca de Barriga Verede con funcións ao longo do día e música e espectáculos en directo como o Ce Pantasma ás 18:30 horas animando a feira.

Refeira

Neste 2022 a festa non remata coa feira. O sábado 12 prográmase a refeira co concerto de Boyanka Kostova. Será na carballeira, ás 21:00 horas de balde. Boyanka Kostovo é unha banda galega formada por Cibrán García e Chicho no ano 2016 que presentan unha proposta musical que conecta co trap e coa música urbana.

O domingo 13 péchase o amplo programa do San Martiño cun magosto reivindicativo a cargo de Carlos Santiago co gallo do vinte aniversario da desfeita do “Prestige” e do “Nunca Máis”. Será na carpa municipal ás 17:30 horas.

Post navigation

Previous: Jaime Blanco dará un curso de micoloxía en Rois
Next: Demandan solucións aos vertidos nos sumidorios da Estrada

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.