Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo acolle o comezo do Goza do Ulla 2025

touro-ruta-goza-do-ulla-slidel-4-octubre-2016_r

Este calendario de roteiros que percorren o curso do Ulla pasa por 17 concellos e terá a primeira andaina o vindeiro 11 de maio.

O programa Goza do Ulla naceu no ano 2011 coa participación de cinco concellos (Touro, Boqueixón, Vedra, Santiso e Arzúa). Catorce anos despois toman parte 20 municipios de tres provincias: Lugo Pontevedra e A Coruña.

Na edición 2025 adiantase o calendario xa que o ano pasado comezou en xuño e foi presentado en Turexpo, no marco da Semana Verde de Galicia. Podedes lembralo e saber máis do Goza do Ulla no seguinte enlace https://tinyurl.com/277g6fnl .

Primeira ruta en Teo

Este ano o primeiro sendeiro será o de Teo o vindeiro 11 de maio. Esta ruta lineal discorre pola marxe dereita do río Ulla, aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores. Saese desde a ponte da Dorna, na parroquia de Santa María de Teo, ata a ponte da Mariola, no couto de pesca sen morte do Couso.

Un percorrido para desfrutar de lugares tan emblemáticos como a devesa do Agromaior, a burga de Xermeade, a ponte medieval de Pontevea, ou as secuoias do Xirimbao, entre moitos outros. O Goza do Ulla 2025 ten programadas rutas na Estrada, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón, Palas de Rei, Pontecesures, Rianxo, Santiso, Silleda, Touro, Valga, Vedra, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa ademais de esta de Teo.

Para inscribirse en esta primeira ruta do Goza do Ulla só tedes que seguir o enlace que aquí deixamos

https://www.teo.gal/inscricion-actividade?activity_id=19303

Post navigation

Previous: Lode na Capitol o 4 de maio
Next: A Universidade dará apoio emocional aos maiores de 50 anos

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.