Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Reunión informativa do concello de Teo sobre a canteira da Casalonga

O goberno de Teo ao completo organizou, na tarde de onte mércores, unha reunión informativa sobre a situación da canteira da Casalonga.
teo-reunion-casalonga-normal-16-xunho-2022-(2)_r

Teo, 16 de xuño do 2022 – O goberno de Teo ao completo organizou, na tarde de onte mércores, unha reunión informativa sobre a situación da canteira da Casalonga.

Pese a certos momentos de tensión a reunión transcorreu dentro da normalidade. O alcalde, Rafa Sisto, explicou a postura do goberno sobre a expropiación da pista que rodeira a canteira e sobre outras cuestións.

A postura defendida polo goberno municipal na asemblea foi a xa exposta polo alcalde na entrevista que publicamos o pasado 30 de maio: a expropiación foi autorizada pola Xunta de Galicia e polo tanto a empresa conta cun título de propiedade que fai que presentar alegacións ante o catastro non serva de nada.

Sisto escoitou críticas pola falta de información sobre os escritos que chegaban ao concello. O alcalde explicou que tiveran coñecemento da expropiación o día 2 de maio. Engadiu que os escritos que chegan do catastro, varios cada día, non son revisados xa que son os títulos de propiedade os que realmente teñen un valor legal. Para o equipo de Sisto alegar ate o catastro sería tamén contraproducente porque a resposta sería negativa e o concello non necesita ter respostas en contra.

Negociar ou non

O momento que máis polémica xerou foi a posibilidade de sentarse a negociar coa empresa sobre a adquisición da canteira. Rafa Sisto defendeu de novo que calquera conversa pasa por deixar claro que o primeiro e rematar o plan de restauración e eliminar a cuadricula mineira, algo co que non coincidían varios dos presentes

O alcalde puxo sobre a mesa outros problemas que non aparecen habitualmente nos debates sobre a compra da canteira. Sisto explicou os perigos que supón o estado do lugar na actualidade

O outro debate que xerou algo de polémica foi a intención da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos de crear unha comisión negociadora. O colectivo convocara a todas as forzas políticas a unha reunión á que non asistiu ninguén do goberno municipal. Rafa Sisto explicou que non entendía a necesidade dunha comisión negociadora tendo xa unha comisión creada na que estaban todos os partidos e a Plataforma.

A reunión tivo lugar na Casa común de Francos e pasadas as nove e media da noite aínda continuaba.

Post navigation

Previous: Prorroga da concesión da auga e o novo xuíz de paz centran o pleno de Brión
Next: Ábrese un debate sobre os límites do uso institucional das redes sociais

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Teo prepara unha xornada sobre a transición española
2 minutes read
  • Xeral

Teo e a USC proxectan unha xornada sobre a Transición Española

Un momento da gala de fillos adoptivos de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos

Cartel da feira de empresarios de teo
2 minutes read
  • Axenda

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello

Iria Carreira , deputada do BNG, levou ao Parlamento de Galicia a situación dos centros de saúde de Teo
3 minutes read
  • Teo

A situación sanitaria en Teo no Parlamento de Galicia

Concello de Teo nomea fillos adoptivos
2 minutes read
  • Xeral

O Concello de Teo nomea a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa como fillos adoptivos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.