Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo busca axuda para melloras no CEIP Plurilingüe dos Tilos CEIP A Igrexa-Calo

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, reuniuse co conselleiro de Educación Román Rodríguez, para trasladarlle demandas para os centros educativos.
teo-melloras-institutos-slide-16-novembro-2023_r

Bisbarra, 16 de novembro do 2023 – A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, para trasladarlle as demandas de mellora para os catro centros educativos do municipio.

Na reunión tamén estiveron o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, e a concelleira de Educación de Teo, María Vázquez. A alcaldesa explicou que o máis urxente é a reparación da cuberta do edificio principal e do de infantil do CEIP Plurilingüe dos Tilos, co fin de corrixir as filtracións de auga que se producen.

Neste senso, o conselleiro trasladoulle que a reparación total da cuberta debía esperar aos meses do verán pero que, ante a urxencia, se iba a levar a cabo unha reparación puntual para evitar as filtracións.

Seguindo coas demandas neste centro, a alcaldesa trasladoulle tamén a necesidade de de construír unha pasarela cuberta que una os edificios de infantil e o principal, para que a cativada poida cruzar sen mollarse; así como a ampliación do actual comedor.

En canto ao CEIP A Igrexa-Calo, Lucía Calvo de la Uz propón a súa reforma integral, ao tratarse dun centro con máis de 50 anos de antigüidade, o que permitiría solucionar deficiencias como as filtracións que se producen no patio.

A rexedora tamén trasladou a petición de dotar este centro dun ascensor, de salón de actos e dunha pasarela cuberta para acceder ao edificio de Infantil. Neste caso, o conselleiro amosou o seu compromiso de levala a cabo o antes posible e salientou que no ano 2024 se procedería á licitación do proxecto coa idea de ter a obra finalizada cara finais do ano 2025.

Por último, en canto aos centros da Ramallosa e do IES de Cacheiras, o conselleiro tomou nota das demandas trasladas. Así, no caso do primeiro, informouse da necesidade de reparar a estrutura do ximnasio e a cuberta da pasarela, entre outras cousas. No caso do segundo, cómpre ampliar o salón de actos e o actual aparcadoiro para os autobuses.

Na reunión, a alcaldesa e o conselleiro acordaron ir paseniñamente, priorizando as reformas nos Tilos e Calo pero traballando tamén na mellora e acondicionamento dos outros centros. Pola súa parte, Lucía Calvo agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia acadado na xuntanza a prol da mellora das instalacións dos centros educativos de Teo e puntualizou que o Consistorio seguirá tamén traballando no seu correcto mantemento.

Reunión previa coas directivas

Para coñecer de primeira man todas estas demandas e necesidades, o Concello de Teo a través do seu departamento de Educación- mantivo reunións con todas as directivas e asociacións de nais e pais de alumnos. Desta forma, puido comprobar a problemática de cada un dos centros e trasladar as necesidades máis urxentes á Consellería correspondente.

Post navigation

Previous: “Andaina do Terror” en Brión
Next: O Sar pechou o seu Programa Integrado de Emprego en Dodro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.