Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo restaura o cruceiro de Freixeiro

teo restuaracion cruceiro SLIDE 2 xullo 2025

O cruceiro tivo que ser desmontado peza a peza e a restauración foi costeada polo concello de Teo con fondos propios

O concello de Teo ven de restaurar o cruceiro da aldea de Freixeiro, na parroquia de Reis. Uns traballos dirixidos polo conservador de bens culturais Xabier Bernárdez Fresco e financiados polo concello de Teo.

O obxectivo deste traballo de restauración foi devolver a estabilidade xeral ao cruceiro e garantir a súa conservación futura. Tamén se eliminaron os engadidos de cemento da base, repuxéronse as pezas de chumbo (antigas canterlas de reforzo nos perpiaños da plataforma), cambiáronse os morteiros e realizáronse labores xerais de mantemento e limpeza xeral, sempre de forma manual con cepillos especiais para evitar danar a pedra e eliminar a colonización biolóxica.

Foi preciso desmontar peza a peza o monumento para poder recolocalas correctamente e garantir, deste xeito, a correcta fixación dos diferentes elementos. Aproveitando a ocasión, fíxose tamén un estudo do ben cultural para coñecer mellor o monumento que inclúe a recollida oral entre a veciñanza da contorna, fotografías ao detalle de cada elemento, a identificación das imaxes e a transcrición dos diferentes epígrafes mediante fotogrametría, co gallo de facer un rexistro o máis detallado posible do ben e incorporar toda esta información á nova ficha do inventario de bens culturais do concello.

Un traballo que permitirá, con posterioridade, valorizar na súa xusta medida o traballo destes antigos mestres canteiros e de pezas como este cruceiro.

Post navigation

Previous: A Rúa García Lorca de Compostela será reurbanizada despois de anos de espera
Next: A Deputación moderniza 12 agrupacións de Protección Civil

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.