Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo

Teo recolle herbas de San Xoán

O departamento de Normalización Lingüística, do concello de Teo, organiza unha andaina para a recollida de das herbas de San Xoán.
teo-herbas-de-san-xoan-slide-15-xunho-2021_r

Teo, 15 de xuño do 2021 – O departamento de Normalización Lingüística, do concello de Teo, organiza unha andaina para a recollida de das herbas de San Xoán.

O percorrido farase na parroquia de Luou, na coñecida como ruta da Muiñeiras.Para cumprir coas restricións existentes  en canto ao número de participantes, haberá 4 quendas, en horario de mañá e tarde.

A primeira quenda será ás 11.00 h, que partirá desde a igrexa de Luou  e ás 12.30 h comezará a segunda desde a aldea da Ínsua en sentido inverso. Ás 16.30, tamén iniciará desde a igrexa de Luou e ás 18.00 h desde a aldea da Ínsua, en horario de tarde. Como é tradición a data para recoller as herbas é o 23 de xuño, véspera da noite na que se deixan en auga.

As persoas interesadas deben enviar un correo-e ao enderezo lingua@teo.gal co nome completo e DNI, no caso de telo, das persoas que desexen participar na ruta e a quenda na que prefiren inscribirse, mañá ou tarde. Unha vez, enviado recibirán a confirmación co horario no que asiste cada persoa.

A ruta realizada na pasada edición tivo unha excelente acollida entre a poboación teense, guiada igualmente polo educador ambiental Tino Quintela, pretende servir para facer esta con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense.

As persoas que participen nela recibirán a guía impresa Recollida das herbas de San Xoán pola Ruta das Muiñeiras, que servirá de apoio para identificar as herbas e saber como se nomean comunmente. A guía pretende axudar para identificar ata 9 herbas das que habitualmente se recollen polo San Xoán e que se encontrarán con facilidade na ruta das Muiñeiras, xa que cada planta vai acompañada dunha ilustración que axudará á súa identificación. Así mesmo, tamén a acompaña unha breve descrición, o seu nome científico e unha escolma das diferentes maneiras de nomealas que existen espalladas polo territorio.

Este coñecemento da nosa lingua fortalece o vínculo co contorno no que vivimos, o que axuda a normalizar o uso social desta en actos da vida cotiá, como o é a relación coa natureza e a tradición da recollida das herbas, ligada á entrada do solsticio de verán e baseada na crenza de que lavar a cara con elas no día de San Xoán reconforta as persoas debido ás súas propiedades máxicas.

Tradicionalmente apáñanse un conxunto herbas, que varían moito dunhas zonas a outras da xeografía, pero que, en calquera caso, son especies comúns amplamente coñecidas polas persoas das sociedades agrícolas onde comeza esta tradición. Son un mínimo de sete herbas, polo que facemos unha escolma das máis comúns e habituais na zona teense.

Post navigation

Previous: Redrum Teatro comeza a ensaiar en Teo ‘#2Pilgrims’
Next: Vedra rende homenaxe a José Cajaraville na exposición de fin de curso dos obradoiros de artes

Máis novas

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.