Teo, 11 de abril do 2022 – As reiteradas propostas de converter a canteira da Casalonga nun refuxio medioambiental pasa por cambiar o súa situación xurídica.
É algo obvio pero que tivo que ser explicitado de novo polo alcalde de Teo, Rafa Sisto, ante a Consellería de Economía da Xunta de Galicia. Nunha cara remitida a pasada semana o rexedor explica, unha vez máis, a postura municipal sobre a situación da Casalonga.
Desde a Dirección Xeral de Minas se propuxo de novo falar da problemática en torno a canteira. O equipo de goberno móstrase disposto a tratar o tema da Casalonga e reunirse con calquera parte afectada pero lembra que a propia Consellería de Economía ten máis intereses na resolución do conflito, xa que de ela depende a concesión mineira, que o propio concello.
En ese sentido o concello de Teo considera que calquera conversa sobre a recepción da canteira da Casalonga, polo medio que sexa, pasa previamente porque se leve a cabo a restauración. Un plan de restauración, explican, que ten que ser novo e “non unha adaptación dun aprobado hai 20 anos. A restauración dunha zona degradada pola explotación mineira e o acúmulo de residuos debe axustarse á situación actual e cumprir coa normativa vixente”.
O outro problema a resolver antes de que o concello pida dispoñer do espazo da Casalonga é a consideración de “concesión mineira” que teñen na actualidade. O concello, explícase na carta remitida á Consellería, “non pode ser xestor nin concesionario dun dereito mineiro”.
Rafa Sisto comunicou aos grupos municipais e a Plataforma o contido da carata remitida á Consellería. O alcalde explica que “temos claro que calquera solución debe ter un amparo xurídico, debe contar coa implicación da Xunta de Galicia e no pode hipotecar a viabilidade económica do Concello”.
