Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Vedra
  • Xeral

Teo terá que modificar o PXOM se quere mellorar a seguridade vial en Luou

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, reuníronse para abordar a situación de distintos proxectos de mellora
deputacion-estradas-teo-vedra-slide-9-novembro-2023-(1)_r

Bisbarra, 9 de novembro do 2023 – A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, reuníronse para abordar a situación de distintos proxectos de mellora das estradas provinciais no municipio.

Por unha banda falaron da mellora da seguridade vial no núcleo de Luou. Valentín González explicou que o proxecto de humanización nun só tramo da vía, que atravesa Luou, proposto polo anterior goberno municipal non se axusta á tipoloxía das obras que realiza a Deputación nas súas estradas.

A Deputación propón como  solución alternativa a construción dunha variante que permita a circulación nunha estrada ancha e segura e, ao mesmo tempo, a cesión do mencionado tramo ao Concello, que sería o que se encargaría de acometer o proxecto de humanización.

Para realizar esta obra é necesario introducir cambios no PXOM que contemplen esta variante, algo que o Concello de Teo non realizou no anterior mandato e que agora terá que valorar.

Tamén trataron a mellora da DP 8201 que conecta Teo con Rois, Vedra e Padrón. Por esta estrada circulan a diario máis de 2.000 vehículos. A alcaldesa de Teo explicoulle ao presidente da Deputación que é preciso a a eliminación das curvas do denominado tramo do Castrillón, co fin de evitar accidentes.

O Presidente comprometeuse a que os servizos técnicos de Vías e Obras analizarán a situación da vía, especialmente neste tramo de curvas, para buscar solucións que garantan a seguridade do tráfico.

Melloras en San Xián de Sales, Vedra

A Deputación da Coruña vén de publicar na a licitación das obras de mellora de dúas estradas no lugar de San Xián de Sales, no termo municipal de Vedra.

O orzamento para estas obras é de 262.499 euros. As estradas de Vedra recibirán un reforzo da sinalización tanto horizontal coma vertical en tres tramos perigosos, dous da DP 8203 entre os puntos quilométricos 0 e 0+890 e 6+100 e 6+680 e na DP 1202 entre os PK 1+000 e 1+900, incluíndo bandas transversais de alerta, sinais de perigo pola presencia de peóns e de velocidade máxima de circulación.

Na zona de San Xian de Sales, a Deputación construirá un tramo de senda peonil na marxe esquerda da calzada que garanta a seguridade dos viandantes que circulen pola zona, así como zonas de aparcamento de vehículos en liña.

Segundo explicou a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, todas estas actuacións van encamiñadas a incrementar a seguridade tanto do tráfico rodado coma dos peóns.

Post navigation

Previous: Santa Comba aposta pola reciclaxe da fracción orgánica
Next: DesOrdes Creativas crece para converterse en Xeodestino Mural

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.