Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Piden o cambio no regulamento dos prezos de acceso ás piscinas públicas de Teo

O Psoe de Teo quere que se modifique a norma que regula os prezos de aceso ás piscinas públicas para evitar os problemas do ano pasado
Casa consistorial de Teo

Bisbarra, 21 de marzo do 2023 – O Psoe de Teo quere que se modifique a norma que regula os prezos de aceso ás piscinas públicas para evitar os problemas do ano pasado cos campamentos dos Tilos.

No 2022 os nenos que asistían ao campamento da asociación ARCO Os Tilos no puideron acceder a estas piscinas con tarifa reducida por non estar contemplado na ordenanza. O regulamento data do ano 2013 e non prevé excepcións como sería a dun campamento de conciliación organizado por unha asociación.

Ata o ano pasado existía un acordo polo que os nenos accedían ás instalacións e ARCO encargábase da xestión da bibliopiscina. Coa finalización de ese acordo, que os nenos acudiran á piscina, aboando a asociación o prezo completo, era algo inasumible.

Por este motivo o grupo socialista de Teo presentou por rexistro unha pregunta para ser respondida no vindeiro pleno sobre cando e de que modo pensa o goberno municipal modificar a ordenanza.

O Psoe solicita que se engada un epígrafe que contemple a redución do prezo público de aqueles nenos que participen nos mencionados campamentos. Engaden que “dita redución, individual ou grupal, podería ser destinada, por exemplo, ao uso en horario de mañá das piscinas municipais, por calquera entidade inscrita no Rexistro de Asociacións de Teo, ou asociación de interese público e que realicen actividades de conciliación”.

O Psoe lembra ademais que a ordenanza xa recibiu tres modificacións anteriormente polo que un cambio máis sería posible e nada extraordinario.

Post navigation

Previous: 2.000 persoas na IX Festa da Filloa de Abellá
Next: Quen lle pon as mesas ás terrazas da praza?

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.