займ срочно

Reclaman en Teo que se inclúan melloras viarias no POS da Deputación

0

Bisbarra, 15 de decembro do 2022 – O Psoe de Teo propón melloras en distintas vías do concello para que sexan incluídas nos Plans de Obras e Servizos, POS, da Deputación.

As propostas socialistas para o POS 2023 inclúen arranxos xa reclamados anteriormente. O Psoe destaca que algúns deles son tramos cunha alta densidade de tráfico “polo que as melloras son moi necesarias”.

O Psoe fai ademais fincapé no mal estado no que se atopan moitas estradas do concello cun volume de tráfico moi elevado. Como exemplo as rúas Ameneiro e Castiñeiro nos Tilos.

O viario de Texexe, o de Montouto a Penelas polo cemiterio municipal en Cacheiras ou o de Agoso a Ribas en Oza son outras das demandas do grupo socialista.

Por outra banda o grupo socialista de Teo explica que parte de estas propostas para o POS “xa foran solicitadas anteriormente. É o caso do viario de A Xesta a Mazas en Calo, o viario de Mallos en Teo ou o viario central de Campos tamén na parroquia de Teo”. Inclúen ademais unha obra que, segundo eles, xa debería estar rematada “O ano pasado, e en outras ocasións, presentouse unha proposta para o saneamento do lugar de Ribas en Oza. O paso do tempo fai cada vez máis necesaria unha obra que xa tería que estar rematada. O alcalde, Rafa Sisto, comprometeuse a facela en este 2022, algo que non se vai cumprir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies