займ срочно

Os cambios no proxecto de paradas de bus en Teo non convence

0

Bisbarra, 16 de marzo do 2023 – A Xunta comeza a responder ás alegacións presentadas, desde distintos partidos, ao proxecto de reforma de paradas de bus varios lugares de Teo.

O proxecto de paradas levantou polémica desde o primeiro momento en que se coñeceu pola eliminación de prazas de aparcamento. Os comerciantes queixáronse e o asunto acabou nun pleno e na presentación de disintas alegacións.

O Partido Popular anunciaba nas súas redes socias que finamente se reduciría en 8 o número de prazas de aparcamento que se eliminarían, aínda que posteriormente editaban a publicación cambiando “oito” por “amortizaranse as mínimas e imprescindibles”.  Ao mesmo tempo criticaba que o goberno municipal non forma capaz de crear aparcamentos na zona de cacheiras en esta lexislatura.

Melloras pero non tantas

Desde o Psoe critican o triunfalismo do Partido Popular e se preguntan onde estaban cando o proxecto era redactado. Nunha nota de prensa din que “Si desde a Xunta consultaron co PP local cando se preparaba o proxecto e agora teñen que andar alegando algo non funciona e se non o fixeron é aínda máis preocupante”.

Os socialistas tamén recibiron a resposta as súas alegacións. Valoran “de xeito positivo” a eliminación da parada da gasolineira de Pontevea e garantía de buscar unha “solución técnica axeitada” na zona da perruqueira Yolanda Tejo.

Por outra parte critican que a redución de prazas “segue a ser moi importante en Cacheiras. A solución segue sendo o aparcamento municipal polo que os comerciantes seguen esperando. O Psoe lembra que no último pleno o goberno municipal explicou que segue cos trámites pero non hai datas coñecidas para a súa apertura”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies