Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Maxia, música, teatro e obradoiros no Nadal de Teo

TEO PROGRAMA NADAL SLIDE 6 DECEMBRO 2025

O concello de Teo volve a programar numerosas actividades para todo o mes de decembro, coincidindo coas festas de Nadal, para grandes e pequenos, con actividades centradas na música e no baile, na maxia, no teatro e varios obradoiros.

Todas as actividades son de balde, pero en moitas delas será preciso anotarse con antelación, polo que é importante que se revise o apartado de actividades da web do Concello para anotarse o antes posible.

O Festival da Maxia comezou este sábado, 6 de decembro pero o evento prolóngase ata o mes de xaneiro. Os sábados 13 e 20 será a quenda do Mago da Boina e dos magos Elisa e Ian, tamén con espectáculos para toda a familia.

Xa no mes de xaneiro, o sábado 3, será Magic Mateo quen ilumine o Auditorio Municipal da Ramallosa. Nos catro casos cómpre anotarse previamente, aínda que no caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día.

A música e o baile tamén son protagonistas neste Nadal. Así, o domingo 14 celebrarase unha nova edición do famoso Cantateo: encontro de corais de Teo.

O venres 19 será a quenda do gran Paco Nogeurias co seu concerto para os máis pequenos. O domingo 21 concerto da Banda de Música de Teo en colaboración co grupo de teatro do IES de Cacheiras, actuación pensada para público familiar. Namentres, na parte do baile, este Nadal o Concello organiza a “Fábrica de estrelas”, un obradoiro de danza urbana para a mocidade de 13 a 16 anos. Serán varios días de bailes e ensaios, co fin de levar a cabo unha actuación o día propio dia Cabalgata de Reis.

O teatro tamén estará presente no Concello de Teo este Nadal., ao igual que os tan coñecidos contacontos como Fadatea e os seus amigos ou a actividade do Apego.

Tamén haberá espazo para a presentación do libro “Arredor do Sol”, de Mónica Varela e Gabriel Iglesias. Tampouco faltarán os tan desexados obradoiros: sobre os xoguetes de Nadal e a igualdade; a elaboración de bolsas de tea; ou o de deoces de Nadal.

Cabalgata de reis inclusiva

Xa no mes de xaneiro, o Nadal traerá a Teo as súas maxestades de Oriente. Chegarán á estación de tren de Osebe o día 5 e despois farán un percorrido polos locais das distintas asociacións (Calo, A Pontevella, Os Tilos e Rosalía de Castro) e, xa pola tardiña, farase a recepción oficial no Pavillón Ezequiel Mosquera da Ramallosa.

Ao igual que os anos anteriores, farase unha recepción silenciosa no Auditorio Constante Liste para as persoas con diversidade e problemas co ruído. Desta forma, todos os nenos e nenas poderán desfrutar da presenza dos Reis Magos no concello de Teo.

Post navigation

Previous: Cara B: Santiago Freire, ex alcalde de Noia
Next: Dodro presenta un Nadal pensando nas familias e nos cativos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.