Teo, 2 de xuño do 2020 – O concello de Teo recupera unha das actividades suspendidas no último San Martiño polo mal tempo, a Ruta do Túnel.
En este caso a Ruta do Túnel está condicionada pola crise sanitaria e para participar en ela, o domingo 14 de xuño, será preciso anotarse previamente. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 981.815.700 ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal
Roteiro circular

Organizada pola concellería de deportes a Ruta do Túnel comeza na escola de Francos e ten un percorrido circular de oito quilómetros e dificultade baixa. Dende Francos pasarán por O Vilar, Bascuas, Veitureira, O Areal, O Faramello para volver á zona de inicio do percorrido. “A andaina centra a súa atención na primitiva liña do camiño de ferro galego, Cornes – Carril, no treito que quedou en desuso en 2007 logo da instalación da nova vía férrea do ave e da apertura do novo túnel do Areal” segundo explica Pablo Sanmartín, arquiveiro municipal.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.
