Actualización 10:00 – A esta hora temos coñecemento de que desde a Consellería informan que o luns incorporase unha axudante máis e que na vindeira semana a cuarta. Con esta novidade o centro informa de que non se pechará o comedor.
Bisbarra, 5 de maio do 2023 – Os problemas de persoal que atende o comedor do CEIP da Ramallosa en Teo fan perigar a súa continuidade a partir do luns se non se atopa unha solución.
O aviso era enviado polo equipo directivo do Ceip da Ramallosa este xoves a travñes do programa de avisos Abalar. Unha nota que foi replicada en redes e na que explican que levan desde o pasado martes día 2 coa metade de persoal, 2 persoas no canto das catro que atenden habitualmente o servizo.
Trátase dunha modificación na situación laboral de persoal non docente. As dúas traballadoras que faltan víronse obrigadas a volver ao seus postos en outros comedores. As traballadoras ata onte xoves non foran substituídas.
O equipo directivo explica tamén que polo momento o solucionaron “modificando os menús, usando pratos de un só uso e sobrecargando o traballo das dúas traballadoras que continúan”. Engaden que intentaron contactar cos responsables de xeito telefónico pero foi imposible polo que mandaron un correo electrónico. Advirten xa que “si o luns oito non está o persoal que se necesita teremos que pechalo ata que se incorporen”.
O CEIP da Ramallosa da 320 comidas cada día e as dúas traballadoras están asumindo todo o traballo, desde cociñas a limpar a cociña e o comedor). A parlamentaria socialista Noa Díaz advertía nun comentario na publicación que si non se soluciona levaran o tema a Parlamento de Galicia por medio dunha interpelación.