Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Concurso de Curtas Xuvenil no concello de Teo

teo-concurso-curtas-slide-21-decembro-2024_r

Bisbarra, 21 de decembro do 2024 – O Concello de Teo convoca o Concurso de curtas xuvenil 2024 baixo o título “Historias que nos moven”.

Este certame de curtas pretende promover a cultura creativa e a participación social entre a súa mocidade, fomentando a expresión artística e o desenvolvemento das habilidades audiovisuais.

O Goberno local busca coñecer as inquedanzas da súa xuventude, fomentar a empatía entre eles e os comportamentos positivos. Só poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, ambos incluídos, que estean empadroados no Concello de Teo. 

O prazo para a presentación de curtas comeza hoxe sábado día 21, coincidindo co Día Mundial da Curtametraxe, e rematará o vindeiro 21 de febreiro. Os participantes poderán presentar pezasque traten temas de interese social, emocional ou da vida cotiá como a amizade, o ambiente, a igualdade, os soños, a prevención do acoso escolar, etc.

As curtas realizaranse con dispositivos móbiles e as gravacións faranse preferentemente en Teo. A duración non poderá superar os catro minutos, incluídos o título e créditos. Os traballos poderán ser individuais ou grupais e poderanse presentar máis dun traballo por persoa ou grupo participante.  

Xurado e premios

O xurado estará formado por profesionais do mundo audiovisual, da educación, de mocidade e persoal do Departamento de Cultura. Valorarase a mensaxe da curta e o seu impacto, ademais da súa orixinalidade e creatividade.

Este concurso estará dotado cun primeiro premio de 200 euros e un certificado, o segundo premio con 125 euros e certificado e o terceiro premio con 75 euros e certificado. A gala de entrega de premios levarase a cabo de xeito presencial presentando as curtas e proxectaranse as gañadoras, tanto no evento como nas redes sociais do Concello e na páxina web.

As bases deste certame están colgadas na páxina web do Concello para que poidan ser consultadas por toda persoa interesada.

Post navigation

Previous: Onde están os pediatras?
Next: Brión construirá vivenda protexida e vivenda libre

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.