Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

O goberno de Teo acusa de irresponsabilidade ao PP por pretender facer 121 plans especiais para poder segregar fincas.

Casa consistorial de Teo

Teo, 4 de abril do 2017 –  A concelleira de Urbanismo de Teo, Uxía Lemus, alerta da dinámica irresponsable na que está entrando o PP de Teo no tema das segregacións de fincas.

A normativa autonómica actual, a nova Lei do Solo do ano 2016, aprobada en solitario polo Partido Popular, conseguiu un efecto negativo para a cidadanía teense, a prohibición ou segregación de parcelas en solo de expansión de núcleo rural.

Según a concelleira nos últimos días o voceiro do Partido Popular de Teo, José Manuel Guerra, e o seu segundo mantiveron unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas. Segundo o Partido Popular a solución á prohibición das división de fincas está na elaboración dun plan especial. Esta afirmación “amosa ignorancia, descoñecemento ou mala fe por parte do PP de Teo” destaca a concelleira de Urbanismo.

O que eles din que lles trasladou a Secretaria Xeral de Urbanismo é o que recolle a lei. Para poder realizar as segregacións poderíase facer un plan especial, como recolle o artigo 117 do PXOM de Teo. “O que non lles deberon explicar na Xunta ou eles non entenderon é que sería preciso facer un plan especial para cada núcleo de Teo, en total 121 plans especiais” destaca Lemus.

Polo tanto o señor Guerra “está buscando un rédito político rápido sen importarlle a seguridade xurídica dos propietarios de Teo” explica a concelleira de Urbanismo. Os plans especiais son ferramentas do planeamento urbanístico complexas cunha tramitación administrativa de varios meses, incluso nalgúns casos máis dun ano. Sen embargo para o Partido Popular de Teo a solución á prohibición das segregacións é facer 121 plans especiais, nada menos.

Uxía Lemus explica que “dende o goberno teense conscientes do problema que lle xeneraba a nova lei do solo a moitos veciños e veciñas en abril do ano pasado xa se levou unha moción ao pleno na que se propoñía unha modificación na redacción da Disposición Transitoria primeira da Lei 2/2016”. Tamén se ten solicitada unha xuntanza coa Conselleira de Urbanismo, Beatriz Mato, para poder abordar esta problemática.

Así mesmo o goberno local ten o compromiso de atender esta demanda social no marco da revisión do actual do PXOM que se está facendo. Unha das reivindicacións que deben ter cabida no novo plan xeral de Teo é precisamente a posibilidade de dividir fincas en solo de expansión de núcleo rural. O Concello está traballando xa no deseño do novo documento urbanístico municipal que, entre outras cousas, terá que recoller esta realidade.

Post navigation

Previous: O A.C. Órdes campión galego júnior de hóckey
Next: Analizan a implantación do portugués no ensino medio galego

Máis novas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Casa consistorial de Teo
3 minutes read
  • Teo

Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.