Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo aproba un orzamento municipal de 22,15 millóns de euros para 2026

Casa consistorial de Teo

O Pleno do Concello de Teo debateu a pasada noite o proxecto de orzamentos do goberno municipal que foi aprobado por nove votos a favor, do Partido Popular, e 6 en contra do BNG, PSdeG Psoe e PXC Teo.

O orzamento alcanza os 22,15 millóns de euros. Segundo o equipo de goberno son unhas cifras “realistas que contan cun aumento de 3,6 millóns de euros con respecto ao ano anterior e que volven a poñer especial atención nas necesidades da veciñanza e no arranxo das infraestruturas municipais”.

Mantendo a senda dos actuais orzamentos, en 2026 están consignados preto de 2,3 millóns de euros para o arranxo da rede viaria e infraestruturas de titularidade municipal, incluíndo fondos propios, fondos POS e fondos POS+.

O goberno de Teo destaca as máis de 70 obras realizadas con fondos propios nos dous primeiros anos de lexislatura. Ademais, e dentro deste montante, preto de 1 millón de euros se destinará a priorizar as canalizacións pendentes como a segunda fase do Ferreiriño, A Torre ou o da Ínsua.

Outro punto que se destaca é a consignación de preto de 2 millóns de euros do orzamento para a expropiación dos terreos do futuro polígono industrial, que se situará na Ramallosa, un plan aprobado en xuño deste ano.

Servizos sociais

En materia de servizos sociais, as novas contas seguen a fortalecer o gasto do Servizo de Atención Familiar e Temperá. No primeiro caso, o Concello potencia e incrementa o número de prazas en actividades para as persoas maiores do municipio.

Salientan ademais a posta en marcha dun novo servizo en Teo: o centro de día, que xa vai collendo forma e que neste 2026 se procederá á reforma integral do local para o seu correcto acondicionamento.

No ano 2026 asinarase un novo convenio coa Asociación Acougo, para fomentar o acollemento familiar de menores en situación vulnerable. Por último, refórzase o servizo de TeoMadruga en dúas escolas unitarias do Colexio Rural Agrupado de Teo, ofrecendo así este servizo de conciliación familiar a máis persoas que o precisen.

O  Concello de Teo sube por segundo ano consecutivo o seu orzamento no departamento de Servizos Sociais, consignándolle un total de 3,75 millóns de euros.

Cultura, turismo e comercio

Para o 2026, os orzamentos municipais manteñen o seu firme compromiso coa cultura e o coidado do patrimonio. O departamento de Cultura aumenta o seu orzamento a 780.000 euros, incrementando a dotación relativa á protección do Patrimonio HistóricoArtístico.

A partida de turismo e comercio mantense con respecto ao pasado exercicio, continuando coas accións de promoción e unha axenda anual repleta de actividades de gran interese para a cidadanía, así como actuacións para a posta en valor do comercio local teense. Aquí, cabe salientar que o Concello está rematando unha guía de negocios para a súa posta en marcha ao longo do ano 2026.

Deporte, Xuventude e Educación

As contas do Departamento de Deportes e Xuventude suben para o ano 2026, ao ter reservado unha partida de 200.000 euros para o cambio de céspede no campo municipal do Rebordelo, dado o seu mal estado. En materia de campamentos, o presuposto tamén aumenta para así dar un servizo de maior calidade aos rapaces e rapazas de Teo.

O Goberno local tamén prevé unha ampliación na oferta formativa para a rapazada e público en xeral. Así, prevese un incremento nos cursos de informática, linguaxe de signos, talleres de todo tipo e os cursos de defensa persoal.

En Educación, os orzamentos para 2026 recollen o aumento nas subvencións destinadas ás Asociacións de Nais e Pais e aos propios centros educativos. Prevense melloras estruturais nos centros que o precisen, de feito, neste 2025 solucionáronse problemas como a colocación de aires acondicionados en varias escolas infantis municipais debido ás altas temperaturas, o cambio do portalón no CEIP Os Tilos ou os videoporteiros nas cinco escolas do CRA para maior seguridade dos nenos. 

Reforzo en persoal

Con respecto ao persoal do Concello, increméntanse de novo as prazas no corpo da Policía Local para reforzar a seguridade en todo o municipio. Do mesmo xeito, ofertouse a praza de electromecánico do Servizo de Augas de Teo, así como se reforzou o Servizo de Urbanismo,

Contratación, Recursos Humanos e Informática levarán prazas contempladas no novo orzamentoTamén ademais da funcionarización dunha praza pendente de auxiliar administrativo para dar así cumprimento á Lei Estatal.

O orzamento de 2026 tamén contempla a previsión do incremento salarial fixado pola Lei Estatal, de saír adiante, así como os Fondos de Acción Social, tanto do persoal laboral como funcionario, así como dos traballadores subrogados.

Post navigation

Previous: Compostela prende este venres 28 o Nadal
Next: Pleno extraordinario en Touro que repite o do 9 de novembro do 2023

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.