Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

O pleno de Teo modifica distintas normas do PXOM

Casa consistorial de Teo

Un dos obxectivos é clarificar a situación de edificacións fora de ordenación ou en desconformidade co plan en vigor. Ampliar a posibilidade de construción en planta baixa e outras das metas dos cambios.

Imaxe dun pleno anterior en Teo

Pleno denso no concello de Teo no que saíron adiante distintos temas de calado para o concello e para a veciñanza. A modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana, o PXOM, é unha das medidas que máis afectará ao futuro urbanístico do concello.

Trátanse de dúas modificacións puntuais pero de amplo calado. Por unha banda permitirase unha maior flexibilidade na implantación das edificacións principais dentro da parcela edificable, pasando así dos actuais 25 primeiros metros ata os 50 metros dende a aliñación oficial. Este cambio débese ao aumento no número de edificación de planta baixa.

Tamén se vai permitir a implementación de cubertas planas no solo de núcleo rural, na súa área de extensión (N2). Esta proposta busca facilitar o desenvolvemento arquitectónico asegurando a integración dos novos usos nas paisaxes e contextos rurais sen comprometer o contorno natural nin a calidade visual da área.

Por último tamén se contempla a eliminación da prohibición de edificar en parcelas en función da pendente natural da mesma. Ata o de agora, a pendente máxima permitida era do 30%, o que producía agravios comparativos, xa que era un mero condicionante físico ao deseño arquitectónico da vivenda. Con esta eliminación, a construción proxectada terase que adaptar á realidade física do terreo, fomentando así un desenvolvemento urbanístico máis harmonioso e respectuoso, sen comprometer a calidade estética nin a funcionalidade das vivendas.

A segunda modificación inclúe e clarifica a regulación do réxime das obras en edificios que se atopan en situación de fóra de ordenación e de desconformidade co plan, conforme ao artigo 90 da Lei do solo de Galicia. Esta normativa tamén abrangue os edificios que, aínda sendo resultado de infraccións urbanísticas, xa se atopen prescritos. O obxectivo deste cambio é establecer un marco normativo máis preciso e detallado que facilite a intervención en dita tipoloxía de edificios, garantindo a súa adecuación ás condicións legais e urbanísticas actuais sen menoscabar os dereitos dos seus propietarios.

Nos edificios en fóra de ordenación a modificación puntual introduce este réxime, que admite as obras de conservación e mantemento, e as necesarias para manter as condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade e ornato. Así mesmo, admítese a nova implantación ou cambio de usos ou actividades dentro dos admitidos pola norma zonal aplicable, sempre que se realice mediante as obras permitidas nesta situación.

Nos edificios en desconformidade co plan clarifícase o réxime de obras permitido, admitíndose todas as obras en edificios existentes permitidas na norma zonal aplicable; e as obras de ampliación, quedando a zona ampliada suxeita ao cumprimento das condicións das obras de nova edificación.

Outros temas tratados

Neste Pleno tamén se aprobou de forma definitiva a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia da parcela SAUR-2, localizada na rúa Cernadelo (As Galanas-Calo), para a construción de vivendas de promoción pública.

Aprobouse unha modificación de crédito de 106.565,95 euros, co obxecto de poder aboar a condena da sentencia imposta polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela pola demanda interposta pola empresa Aquafit Gestion SL na data do 27 de febreiro de 2023.

Por último, aprobouse a emenda presentada polo Partido Popular á moción do Grupo Municipal do PSOE, onde se insta á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia a que garanta a cobertura da praza de pediatría no centro de saúde de Cacheiras a tempo completo, sempre que existan profesionais dispoñibles.

Tamén se solicita ao Goberno central que permita aos gobernos das Comunidades Autónomas formar os especialistas para poder contar con máis profesionais nos distintos ámbitos e especialidades.

Post navigation

Previous: Negreira dille adeus ao cobre
Next: Frades aproba os orzamentos para 2025

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.