займ срочно

O pleno de Teo aproba estudar a municipalización do servizo de lixo

0

Bisbarra, 27 de outubro do 2022 – Rafa Sisto, Son de Teo, conseguiu sacar adiante o estudo da municipalización do servizo de recollida de lixo grazas ás abstencións do Partido Popular e do BNG.

Imaxe de arquivo dun pleno en Teo

O Psoe votou en contra da proposta de municipalización do servizo de lixo. Os socialistas consideran que non se pode tomar unha decisión sen informes de técnicos expertos. Criticaron especialmente que o alcalde presentara un informe de corenta páxinas realizado por el mesmo. Os socialistas tamén se mostraron contrarios a solicitude dun préstamo bancario de un millón novecentos mil euros que segundo o informe é necesario para comezar o proceso.

O alcalde foi respondendo aos distintos grupos a medida que interviñan. Insistiu en todo momento que só se trataba do estudo e que o informe presentado, realizado por el mesmo, era só unha guía. Rafa Sisto mesmo ofreceu a creación dunha comisión mixta na que estiveran técnicos e políticos e na que os grupos municipais tiveran dereito de veto para que as decisións volveran ao pleno.

O BNG nas súas intervencións mostrou tamén serias dúbidas sobre o informe e explicou o que, desde o seu punto de vista, eran distintas contradicións. No momento de votar optaron pola abstención xa que “están a favor da municipalización pero non contan cos datos suficientes”.

A postura máis sorprendente foi a do Partido Popular que finalmente facilitaría a aprobación coa súa abstención. O concelleiro Antonio Reyes presentou na primeira intervención ata 9 preguntas sobre o informe presentado e na segunda chegou a dicir que “nunca estivemos en contra da municipalización [] sempre estivemos en contra da forma na que se estivo facendo”.

A única liña roxa que puxo o Partido Popular foi a suba da taxa no rural, da que dixeron que non aceptarían en ningún caso. A proposta presentada inclúe explicitamente unha subida similar ao IPC ano a ano.

Pleno completo
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies