Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Pleno extraordinario en Teo sobre o estado do concello

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg

Imaxe de arquivo

O pleno celebrouse despois de que levara quince anos sen celebrarse. A sesión fora pedida polo grupo socialista aínda que a súa voceira non acudiu.

O concello de Teo celebrou un pleno extraordinario sobre o estado do municipio. Un formato de sesión que levaba 15 anos sen convocarse como tal. O grupo popular da alcaldesa, Lucía Calvo, resumiu estes dous primeiros anos como positivos para teo e cunha “ruta clara e a prol do crecemento e desenvolvemento do municipio”

Durante a súa intervención, a rexedora municipal explicou que este Pleno Extraordinario, o cal se incluíu a través dunha modificación do ROM, só se convocara nos últimos anos en tres ocasións: o 26 de febreiro de 2008, o 15 de abril de 2009 e, finalmente, o 4 de marzo de 2010.

A alcaldesa recriminoulle ao Partido Socialista que sendo coñecedor de este cambio do regulamento non convocara o pleno de debate mentres co gobernou e o pedira agora. Lucía Calvo deixou claro que, en calquera caso. a partir de agora, convocaríase de forma anual, tal e como marca a normativa vixente.

Ao longo da súa exposición, Calvo de la Uz destacou a recente aprobación definitiva do polígono industrial que se situará na zona da Ramallosa, logo do “esforzo titánico” do equipo de Urbanismo, e que permitirá crear novos postos de traballo en Teo.

Outra prioridade por parte do actual equipo de goberno e que se viu materializada tamén nos últimos meses foi a cesión á Xunta de Galicia dunha parcela de solo urbano consolidado para a construción de vivenda de promoción pública, coa idea de fixar poboación no municipio e rebasar así a barreira dos 20.000 habitantes nun territorio de case 80 quilómetros cadrados e cunha situación xeográfica estratéxica para o seu crecemento.

Do mesmo xeito, xa é unha realidade, en palabras da alcaldesa, o futuro centro de día de Teo, logo de adquirir un inmoble totalmente financiado pola Xunta de Galicia que permitirá atender ás persoas maiores do concello, as cales moitas delas teñen que desprazarse actualmente a municipios veciños para poder desfrutar deste servizo.

Así mesmo, reiterou que o inmoble cumpre cos requisitos legais para poder adecualo aos servizos que se levarán a cabo no seu interior.

Un proxecto, puntualizou Calvo de la Uz, que se suma ao novo centro de saúde da Ramallosa, logo de que o actual executivo fora quen de poñer en orde a cesión dos terreos ao Servizo Galego de Saúde. Feitos e compromisos cumpridos, matizou a alcaldesa, que non tiveron o apoio da Oposición nos diferentes Plenos, sobre todo dos grupos socialista e do bloque galego nacionalista, pero si foron logo obxecto de críticas na prensa.

Ademais, sinalou a rexedora, o compromiso do Goberno teense centrouse, como ben sabe a cidadanía, na mellora das infraestruturas municipais, tanto viarias como centros educativos, pavillóns, casas comúns, etc. Obras, salientou, máis que necesarias ante a falta de mantemento dos últimos anos que, incluso, poñían en risco o desenvolvemento de actividades para a poboación.

Nestes dous primeiros anos de lexislatura do actual equipo de goberno, tamén foi importante a posta en valor e visibilización dos recursos e patrimonio de Teo. Neste senso, ademais de reparacións e restauracións de monumentos, tamén se editou a primeira guía que recolle o patrimonio natural, arquitectónico e cultural do municipio. Así mesmo, apostouse pola publicación dun novo libro dos Bolechas para que os máis cativos poidesen descubrir os lugares máis emblemáticos das 13 parroquias de Teo.

No ámbito cultural, adecuouse o auditorio municipal para convertelo nun espazo multidisciplinar, onde tivera cabida obras de teatro, espectáculos e exposicións artísiticas. Ampliouse a oferta formativa das escolas municipais culturais e incrementáronse as actividades de lecer para todas as idades. De feito, no ano 2024 presentouse a primeira campaña turística planificada e orzamentada para todo o ano, estratexia que se repetiu no presente ano cunha alta participación entre a cidadanía teense e dos arredores. Unha aposta decidida e comprometida co turismo e coa cultura, á que se sumou tamén o apoio ao comercio e hostalaría, cunha campaña audiovisual, e aos artesáns na creación dunha asociación propia.

Por último, destacou Calvo de la Uz, e tras solventar numerosos requerimentos con esforzo e traballo por parte dos técnicos municipais, conseguiuse a declaración oficial da Feira Cabalar do San Martiño de Francos como Festa de Interese Turística de Galicia, un logro que permite promocionar aínda máis unha feira de máis de 500 anos de antigüidade.

Ao longo da súa extensa intervención, a rexedora municipal tamén detallou os apoios do Goberno local a sectores como o educativo, deportivo, xuventude, lingua, igualdade, mobilidade e, como non podía faltar, aos servizos sociais.

Finalmente, lembrou que desde a súa chegada á alcaldía, o equipo de goberno foi quen de aprobar anualmente uns orzamentos, detallados e reais, así como poñer en orde os preto de 18 contratos que estaban en precario, sacando xa algunha licitación de importancia como é o caso do asesoramento xurídico, escolas deportivas, rozas de camiños ou servizos na nube; e traballando noutros de gran peso como é o do lixo.

Post navigation

Previous: Frades licitará obras de mellora de estradas e de accesos a aldeas por máis de 435.000 €
Next: Xunta e concello de Santiago acercan posturas sobre a zona residencial tensionada

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.