Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo continúa aplicando modificacións puntuais non substanciais ao PXOM

Casa consistorial de Teo

As modificacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Teo contan cos informes sectoriais favorables e xa foran aprobadas inicialmente en marzo.


O Pleno do Concello de Teo aprobou de forma provisional dúas modificacións puntuais non substanciais ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, logo de recibir de forma favorable os informes sectoriais.

Ambas modificacións foran aprobadas de forma inicial no Pleno de marzo. Agora serán remitidas á Xunta de Galicia para a emisión do correspondente informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo e, finalmente, serán remitidas de novo ao Pleno municipal para a súa aprobación final.

As dúas modificacións pretenden adaptar os preceptos normativos de Teo á nova realidade que emerxe a raíz das modificacións das tipoloxías edificatorias e das novas necesidades da veciñanza; así como clarificar a regulación do réxime das obras en edificacións que se atopan fóra de ordenación ou de desconformidade co planeamento.

Modificación 2

A Modificación Puntual nº2 do PXOM busca permitir unha maior flexibilidade na implantación das edificacións principais dentro da parcela edificable, pasando así dos actuais 25 primeiros metros ata os 50 metros dende a aliñación oficial.

Tamén vai permitir a implementación de cubertas planas no solo de núcleo rural, na súa área de extensión (N2), facilitando así o desenvolvemento arquitectónico dentro destas zonas rurais.

Por último, tamén contempla a eliminación da prohibición de edificar en parcelas en función da pendente natural da mesma. Ata o de agora, a pendente máxima permitida era do 30%, o que producía agravios comparativos, xa que era un mero condicionante físico ao deseño arquitectónico da vivenda. Con esta eliminación, a construción proxectada terase que adaptar á realidade física do terreo, fomentando así un desenvolvemento urbanístico máis harmonioso e respectuoso, sen comprometer a calidade estética nin a funcionalidade das vivendas.

Modificación 3

No tocante á Modificación Puntual nº 3, esta inclúe e clarifica a regulación do réxime das obras en edificios que se atopan en situación de fóra de ordenación e de desconformidade co planeamento, conforme ao artigo 90 da Lei do solo de Galicia.

Esta normativa tamén abrangue os edificios que, aínda sendo resultado de infraccións urbanísticas, xa se atopen prescritos. O obxectivo deste cambio é establecer un marco normativo máis preciso e detallado que facilite a intervención en dita tipoloxía de edificios, garantindo a súa adecuación ás condicións legais e urbanísticas actuais sen menoscabar os dereitos dos seus propietarios.

Outros temas tratados no pleno

Neste Pleno de setembro tamén se aprobou a Conta Xeral 2024 do Concello, logo de estar exposta ao público e non recibir ningunha reclamación. Agora será remitida ao Tribunal de Contas, ao Consello de Contas de Galicia e ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, tal e como establece a normativa vixente. 

Tamén quedaron ratificadas a proposta de Alcaldía sobre o proxecto de “afirmado e acondicionamento do viario municipal entre San Domingo e Luou”, incluído no Plan Complementario 2025 – POS Adicional 2/2025; así como o acordo de delegación da Inspección do Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) e da taxa de licenza urbanística na Deputación Provincial da Coruña.

Post navigation

Previous: Oroso e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar presentan as melloras no local de maiores
Next: Proxecto pioneiro da Deputación en colaboración coa AVV Sandra Prego Rial

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.