Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos non se rende

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos apela a unidade veciñal a chama a unidade ante o posible peche da pista da canteira.
casalonga-limpa-de-residuos-pancarta-slide-normal-26-agosto-2021_r

Bisbarra, 24 de outubro do 2022 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos apela a unidade veciñal a chama a unidade ante o posible peche da pista da canteira.

Imaxe da última reunión da Plataforma

Nun comunicado a Plataforma repasa os feitos das últimas semanas e recoñece a división que existe na actualidade entre a representación veciñal e o goberno municipal. Para o colectivo esas diferenzas “botan por terra calquera posibilidade de explorar esa vía antes das eleccións municipais de maio”.

Consideran tamén que a petición da empresa para pechar a pista da canteira só persegue “embarrar o terreo”. No comunicado a Plataforma apela “á necesidade de iniciar unha negociación entre as partes implicadas para atopar unha solución definitiva ao problema de A Casalonga”.

O colectivo pide tamén ao equipo de goberno “que non abandone ningunha das vías xudiciais abertas e que cumpra a palabra dada na comisión informativa de levar a expropiación da pista, que entendemos non axustada a dereito, á vía civil”. 

Na reunión da plataforma mantida hai dúas semanas unha das preocupacións, expostas tanto pola directiva como polos veciños, era non saber que quería Toysal. No encontro esa preocupación concretábase no feito de que aínda conseguindo que a empresa marchara da canteira iso non aclaraba que sucedería despois.

A directiva lembraba en aquel acto que só se os terreos son públicos poderán ser expropiados. O feito de que a empresa marche podería derivar na venda dos terreos a outra compañía disposta a esperar o tempo necesario para recuperar a actividade.

Post navigation

Previous: Humanización para os núcleos de Papucin e Fonte Santaia en Frades
Next: Brión presenta denuncia polo boicot ao alumeado público

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.