Teo, 11 de marzo do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos decidiu cancelar a convocatoria de manifestación e todos os actos previstos esta semana pola crise do Coronavirus.
Coincidindo coa decisión da Plataforma Casalonga A Xunta decidiu rexeitar o plan presentado por Toysal según informacións publicadas polo xornal La Voz de Galicia na súa edición de Santiago.
Según as informacións do diario, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental rexeita o proxecto de rexeneración presentado. Dito documento pretendía tapar os ocos e a lagoa con residuos de distinto tipo, intención que recibiu un informe negativo por non presentar a documentación precisa. A decisión pode ser recorrida ante a mesma Consellería.
Cancelación de actividades
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos decidiu cancelar a rolda de prensa, a recollida de sinaturas e a manifestación convocada para o próximo domingo pola crise sanitaria vinculada ao Coronavirus.
O colectivo explica que as previsións eran de conseguir unha participación histórica. Máis de 80 asociacións culturais e deportivas da contorna así como movementos ecoloxistas de toda Galiza manifestaron o seu apoio pero decidiron priorizar a seguridade veciñal.