займ срочно

Unha pediatra para catro centros de saúde

0

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2023 – O enfado dunha veciña de Teo desvela a precariedade da sanidade de familia. O concello de Teo conta estes días cunha única pediatra que atende a catro centros de saúde.

Un dos centros de saúde de Teo

Vanessa Riveiro leva tempo sufrindo a falta de medios pero o sucedido hoxe foi a gota que colmou o vaso. Tiña que entregar unha mostra para ser analizada pero a pediatra non deixou volante polo que a mostra non puido ser enviada.

A veciña non culpa á pediatra xa que entende que, tendo que cubrir catro centros de saúde, o raro é que non pasen máis cousas. Cando ve que non pode deixar a mostra acude a outro centro de saúde para tratar de localizar á doutora pero tampouco lle toca alí, dinlle que vaia a outro pero ten que entrar a traballar.

Todo este periplo coas fillas no coche, dun lado para outro, tentando conseguir un servizo que debería ser do más sinxelo. Pregúntase por que non se envían substitutos.  Di que “é indignante que a pediatra atenda Cacheiras, Calo, Os Tilos e Vedra. Pides unha cita telefónica e danche para dentro de vinte días e acabas indo por urxencias”.

O peor, engade, é que a analítica está sen facer polo que non sabe si a enfermidade da filla é un simple virus ou algo que require de máis atención. A deputada socialista Noa Díaz está preparando unha interpelación no Parlamento de Galicia para coñecer as razóns de esta falta de pediatras. Unha carencia que se suma ás de outros sitios da bisbarra que tamén a sufriron nos últimos meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies