Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo valora pechar as instalacións deportivas de Rebordelos despois do comunicado da SR Calo

Un comunicado da S.R. Calo denuncia o mal estado do campo de fútbol e o risco que supón para os xogadores e xogadoras que o usan.

teo campo futbol rebordelos 13 xaneiro 2025

O concello de Teo faise eco das denuncias das xogadoras do SR Calo, expostas nun comunicado, e tras falar coa directiva valora pechar as instalacións. Lembra ao mesmo tempo que se trata dun problema herdado e que se veñen facendo investimentos en este mandato.

O goberno municipal non oculta a sorpresa polo comunicado xa que “as relacions entre goberno local e a directiva do club de fútbol S.R. Calo sempre foron moi cordiais e directas”.

Teo lembra ademias que ten consignados 200.000 euros dos orzamentos municipais de 2026 para o cambio do céspede no campo do Rebordelo, en Calo. O actual equipo de Goberno é coñecedor da situación do campo “desde o momento en que entrou a gobernar, xa que este problema foi herdado do anterior executivo”.

O Concello é coñecedor da actual situación do campo municipal desde a súa chegada ao goberno, pois se trata dun problema que xa veu herdado do anterior executivo. En 2019 foi recepcionada a obra de instalación de céspede artificial e rega no campo de fútbol de Calo, unha actuación que costou un total de 224.939 euros

O apoio dado en este mandato á SR Calo “viuse reflexado nas actuacións levadas a cabo desde que o actual equipo de Goberno tomou posesión. Entre elas, o arranxo do muro exterior e outras deficiencias menores, que supuxeron un investimento para o Consistorio de case 24.500 euros, así como a adecuación dos vestiarios”.

A problemática do cambio de céspede tamén estivo moi presente nas distintas xuntanzas mantidas coa directiva. A obra do 2019 supuxo 5.990 metros cadrados de céspede artificial que cumpría cos criterios de FIFA Quality PRO e a norma UNE 15330-1, porén, en menos de cinco anos xa estaba en pésimas condicións.

Ante esa situación, o Concello púxose en contacto coa empresa adxudicataria para abordar esta deficiencia e que repoñan o material danado. Nestes momentos, estase en negociacións para o dito cambio de céspede e de non chegar a acordo, o Concello xudicializará o tema.

A pesar diso, o goberno local levou a cabo varias actuacións e melloras puntuais no terreo para que se puidera desenvolver con certa normalidade a práctica deportiva. Ata o de agora, o club desenvolvía a súa actividade con normalidade, incluso nestas datas de Nadal solicitou poder realizar un campus para os xogadores máis pequenos, petición que foi aceptada polo Concello.

Agora, ante a preocupación dos xogadores e xogadoras polas condicións do terreo, e como medida preventiva ante posibles lesións ou outras incidencias, das cales o Concello non tivo coñecemento de ningunha ata a data, o Executivo local está estudando a posibilidade de pechar as ditas instalacións e derivar os entrenos dos case 350 deportistas a outros campos municipais. Unha decisión que se tomará logo de manter, nos vindeiros días, unha xuntanza coa directiva do club.

Post navigation

Previous: A Fundación ForGa imparte no Milladoiro catro cursos gratuítos con alta inserción laboral
Next: Ames acollerá o Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.