Ampliarase a rede de saneamento en Feros e afirmarase un viario municipal en Vilar de Calo

Co bo tempo é o momento de facer obras e Teo aplícase coa licitación de dous contratos para Feros e Vilar de Calo. A mellora da rede de saneamento e o do firme dunha estrada é o obxectivo de novas licitacións do concello de Teo.
A primeira das licitacións é a do contrato que ampliará a rede de saneamento no lugar de Feros, por un importe de 126.089,15 euros. Os interesados en adxudicarse esta obra en Teo teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 24 de xullo.
A finalidade dos traballos é dotar de conexión á rede pública a un total de 35 parcelas que carecen deste servicio na actualidade. A rede de saneamento proxectada divídese en tres tramos dunha lonxitude total de 1.043 metros.
As obras en Teo consistirán na demolición de pavimento e escavación en gabia por medios mecánicos con agotamento de auga. Colocaranse as conducións de PVC, segundo as seccións tipo establecidas e procederase á execución dos pozos de rexistro.
Posteriormente levarase a cabo o recheo das gabias con material adecuado e a reposición do pavimento segundo corresponda. Por último, executarase a adecuación final das parcelas.
Cabe sinalar que será necesario prolongar dous metros unha ODT (Obra de Drenaje Transversal) existente no Rego da Auga coa finalidade de cruzar a rede proxectada e realizar así o entronque á rede xeral existente. Manterase a mesma sección hidráulica existente na ODT actual seguindo as indicacións establecidas na normativa correspondente.
Vilar de Calo

Por outra banda o Concello de Teo licita tamén o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Vilar de Calo. Esta obra chega a través do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
O contrato licitase por un importe de 62.981,29 euros por un período de 2 meses. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 17 de xullo.
O deterioro deste viario é consecuencia da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como das inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, polo tráfico de vehículos diario que discorre por el.
De feito, as zonas de actuación presentan graves deficiencias en canto ao acabado superficial do pavimento da calzada e das gabias. Trátase de tramos de viario de titularidade municipal con acabado superficial en regos asfálticos, con escasas o nulas inversións de mantemento e con moitos anos de antigüidade. A data de hoxe, atópanse deficiencias que impiden o seu correcto funcionamento, tales como descarnaduras, fendas e fochancas distribuídas de maneira xeneralizada pola súa superficie.
As actuacións previstas polo concello de Teo neste proxecto pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas pola veciñanza. Así, as obras previstas consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodamento deste viario.
Procederase á limpeza de gabias e ao reasfaltado da calzada mediante aglomerado asfáltico, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 932 metros, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 3.895 m2. Finalmente procederase, en ambos casos, á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e colocación de sinais.
