Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo avanza na mellora de distintas vías municipais

O concello de Teo traballa no acondicionamento de distintas vías municipais por medio do Plan Único de Concellos Adicional 2022.
teo-melloras-en-pistas-slide-21-marzo-2024-(2)_r

Bisbarra, 21 de marzo do 2024 – O concello de Teo traballa no acondicionamento de distintas vías municipais por medio do Plan Único de Concellos Adicional 2022.

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, supervisou os traballos nos proxectos de Tribades e Ínsua. Estas obras supuxeron un investimento de 240.000 euros.

En Tribaldes, obra xa rematada, reasfaltouse a calzada mediante aglomerado asfáltico ao longo de máis de 6.045 m², con reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Acometeuse o recrecido de 118 tapas de rexistro ata a cota final e a limpeza de gabias.Completouse a obra con sinalización horizontal e vertical, pintado de liñas e colocación de sinais.

Na estrada de Espasande agloméranse 9.310 m² nunha estrada de 1.850 metros de lonxitude. En este caso son 205 tapas de rexistro as que suben ata a cota final. Proxectase tamén unha beirarrúa de formigón coloreado que partirá unha senda que permita completar a conexión peonil das vivendas ata o cruce de Espasande.

Con estas obras o concello de Teo busca mellorar e facilitar o tráfico rodado, xa que as estradas estaban en moi malas condicións debido ao paso de vehículos e ás inclemencias meteorolóxicas. Con estes acondicionamentos, a mellora redunda directamente no propio benestar dos veciños e veciñas que empregan estas vías.

Post navigation

Previous: Boqueixón remata as obras a mellora da aldea de Lamas
Next: Melloran as conexións da bisbarra cos hospitais de Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.