Teo, 26 de maio do 2020 – O concello de Teo programa para o mes de xuño un obradoiro de autoestima dirixido a mulleres.
Organizado pola Concellaría de Igualdade, o obradoiro de autoestima está pensado para reflexionar sobre o coidado dunha mesma e a necesidade de coñecerse despois de dous meses de confinamento.
Xestionar as emocións
Este curso servirá para reflexionar sobre como se afrontaron os últimos meses e aprender a xestionar aquelas emocións negativas que probablemente apareceron nesta etapa.
O obradoiro farase do 3 ao 29 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste con dúas sesións semanais: os luns e mércores de 18:00 a 19:30 horas. As mulleres interesadas poden anotarse chamando ao teléfono do Centro de Información á Muller (CIM), o 981.938.475. A actividade é de balde e as prazas son limitadas.
Dende o CIM destácase que se cumprirán con todas as medidas de sanitarias e mantemento da distancia física de seguridade.
Esta actividade conta con financiamento de fondos europeos.