Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Teo ten novo logo elixido por 300 veciños

teo novo logo slide 4 xullo 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 4 de xullo do 2017 – O venres 30 de xuño remataba o primeiro proceso de participación cidadá na plataforma Somos Teo cunha participación de máis de 300 persoas e na que se decidiu o logo co que queren que se identifique o Concello
    • Votación
    • Novo debate

Teo, 4 de xullo do 2017 – O venres 30 de xuño remataba o primeiro proceso de participación cidadá na plataforma Somos Teo cunha participación de máis de 300 persoas e na que se decidiu o logo co que queren que se identifique o Concello

Segundo explica o concelleiro de participación cidadá, Ignacio Iglesias, “estamos satisfeitos da participación e da implicación da xente na toma de decisións sobre cuestións municipais”.

O elixido foi o logo 2 que se presentaba como un logo de 3.000 anos para 3.000 anos. No dossier desta proposta explícase que traballaron coas diferentes imaxes dos petróglifos de Teo ata dar cun cunha delas un cervo, na que se ve un T. A partir daí traballaron a imaxe ata que na mesma se lee Teo. Os autores descríbeno como “actual, sinxelo, esquemático e recoñecible, de aire clásico e perdurable”. O imagotipo final, o conxunto da imaxe e o nome Concello de Teo recolle as letras en Exo en regular co Teo final en bold.

Dende agora o estudo gañador terá que facer o desenvolvemento do manual de imaxe corporativo do Concello de Teo no que se establecerá como se debe usar o logo para diferentes aplicacións ou soportes.

Votación

O proceso de votación deste debate sobre o logo estivo aberto dende o 4 de maio ata o 30 de xuño e votaron 301 persoas. Había tres propostas. O gañador obtivo o apoio de 167 persoas, o segundo máis votado apoiárono 123 e o que quedou en último posto contou con 11 votos. É destacable que durante estas semanas houbo na plataforma Somos Teo numerosas aportacións sobre os logos ou sobre o propio proceso de participación, algo que enriqueceu no debate.

Novo debate

Neste momento a plataforma xa ten un novo debate aberta para decidir o mellor xeito de acceder ás actividades municipais cando as solicitudes superan o número de prazas. Este estará aberto ata o 31 de xullo e neste momento xa votaron 29 persoas.

Para participar na plataforma hai que ter máis de dezaseis anos e estar empadroado en Teo. De feito cando se tramita a alta por primeira vez hai que agardar unha validación xa que se debe comprobar a presenza no padrón de habitantes. Unha vez realizado esta primeira xestión a participación é máis áxil e sinxela. Somos Teo sirve para presentar debates sobre diferentes temas con ou sen votación e tamén para facer preguntas, queixas ou suxestións.

Post navigation

Previous: O melidense Dani Polo, Premio Nacional de Maxia
Next: A Fundación Rosalía de Castro recibe da Deputación tres obras de Ovidio Murguía, fillo da poetisa

Máis novas

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Teo prepara unha xornada sobre a transición española
2 minutes read
  • Xeral

Teo e a USC proxectan unha xornada sobre a Transición Española

Un momento da gala de fillos adoptivos de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos

Cartel da feira de empresarios de teo
2 minutes read
  • Axenda

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.