Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Un paso máis cara o Centro de Día de Teo

O Concello de Teo e a Xunta de Galicia asinan un convenio de colaboración para a adecuación do local do centro de día

teo centro de dia 19 decembro slide 2025

O Centro de Día de Teo foi unha das promesas repetidas da actual alcaldesa, Lucía Calvo, durante a campaña electoral do 2023. Foi tamén unha das súas teimas desde que chegou ao despacho e o certo e que xa ninguén dubida do proxecto.

O concello ven de asinar un convenio coa conselleira de Política Social e Igualdade para adecuar o local onde se situará o Centro de Día, A Conselleira, Fabiola García, e a alcaldesa, Lucía Calvo, asinaron o acordo.

O espazo que se destinará a centro de día ocupa unha superficie útil de 532,62 m², dotado con 40 prazas, o cal supera a superficie mínima esixida pola normativa. O deseño proposto organizarase en zonas diferenciadas como a de actividades, a sala polivalente, o comedor e a cociña con office e almacén auxiliar; así como diversos espazos máis funcionais, técnicos e de atención personalizada.

O futuro Centro de Día ten como finalidade mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas maiores do municipio de Teo que precisan deste recurso asistencial para dar resposta ás súas necesidades.

O acordo asinado por Alcaldesa e Conselleira suporá un investimento de 600.000 euros. O edificio que se remodelará está illado e conta cunha superficie construída de 910 metros cadrados, dos cales 829,40 m² son de superficie útil.

O espazo que se destinará a centro de día ocupa unha superficie útil de 532,62 m², superando así a superficie mínima esixida pola normativa. Namentres, os 296,78 m² restantes reservaranse como área de posible ampliación futura do centro.

A entrada principal situarase nunha posición central e, a partir do dito acceso, organizarase o centro en dúas zonas diferenciadas. Á dereita da entrada situaranse os espazos de maior dinamismo e participación colectiva, como son a zona de actividades, a sala polivalente, o comedor e a cociña con office e almacén auxiliar.

Á esquerda da entrada estarán os espazos máis funcionais, técnicos e de atención personalizada, tales como os despachos administrativos, a sala de atención social e enfermería, os vestiarios e aseos do persoal e o cuarto de instalacións. Desta forma, garantirase o cumprimento do programa funcional obrigatorio.

No extremo esquerdo, trala zona técnica, atoparase un almacén extra que se poderá habilitar nun futuro como ampliación do centro, ben sexa para aumentar a capacidade de usuarios ou para incorporar novas áreas de atención especializada.

O deseño proposto para o futuro Centro de Día incorpora criterios de accesibilidade universal, confort térmico e acústico, eficiencia enerxética, seguridade contra incendios e sinalización cognitiva, conforme aos estándares esixidos para a súa acreditación como centro de servicios sociais.

Todo iso garantirá que o edificio cumpra as condicións necesarias para obter a autorización administrativa previa ao inicio da actividade como centro de día, conforme ao réxime establecido pola Xunta de Galicia.

Por último, procederase á urbanización da contorna do edificio, cunha dobre zona de aparcamento e de manobra que permitirá o correcto desenvolvemento da actividade do centro.

Cabe sinalar que, este centro, permitirá tamén ofrecer un servizo de conciliación ás familias das persoas maiores, que a día de hoxe desprázanse a concellos veciños para poder desfrutar deste servizo.

A poboación maior do municipio supera os 4.000 habitantes con máis de 65 anos. Por iso, insistiu a rexedora local, que se trata dun proxecto vital para o concello de Teo, xa que ofrecerá un servizo básico e fundamental para o desfrute da xente maior.

Post navigation

Previous: Abre o Mercado de Nadal de Ames
Next: A Rede Cultural da Deputación publica as bases de participación

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.