Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Melloras na seguridade viaria do IES de Cacheiras

O concello de Teo ven de programar unha obra encamiñada a mellorar a seguridade peonil no contorno do IES de Cacheiras.
teo-melloras-ies-cacheiras-slide-4-xaneiro-2023-(2)_r

Bisbarra, 4 de xaneiro do 2022 – O concello de Teo ven de programar unha obra encamiñada a mellorar a seguridade peonil no contorno do IES de Cacheiras.

Esta actuación estaba comprometida coa Anpa do IES de Cacheiras dende o pasado verán. Os traballos estanse realizando durante as vacacións de Nadal para interferir o menos posible co normal funcionamento do centro escolar durante o período lectivo.

Vaise facer unha plataforma única e elevada que comeza no aparcadoiro municipal ata a entrada do centro escolar. Esta nova senda permite que o alumnado vaia todo o tempo separado fisicamente do tráfico rodado dende o lugar no que chegan en bus ou vehículo particular ata o recinto escolar.

Este carreiro tamén enlaza cun paso de peóns elevado coa beiravía que se fixo dende o cruce de Constenla ata o aparcadoiro. Desde xeito tamén se prioriza o acceso a pé de parte da comunidade escolar.

A obra ten un orzamento de case 40.000 euros. A mediados de decembro a concelleira, María López, e persoal técnico do departamento de Urbanismo achegáronse ao instituto para explicar a actuación prevista ao director do centro, Xosé Manuel Maceira, e á representante da Anpa, Clara Castilla.

Outras obras

Por outra banda o concello de Teo aproveitou o paro de Nadal para facer melloras na unitaria da Casalonga, completando obras na planta superior coa colocación de calefacción, tarima flotante e pintura. Así mesmo, instaláronse persianas en Recesende e Reis, na Ramallosa pintarase a aula de música ademais de arranxar o muro de peche contra o aparcadoiro que quedou danado nun temporal do outono. Nos Tilos vaise mellorar a impermeabilización do edificio do ximnasio.

Post navigation

Previous: Rois aproba os plans da Deputación
Next: Este xoves os Reis Magos chegan á bisbarra

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.