Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Reurbanización da aldea de Socastro en Teo

O concello de Teo ven de investir 200.000 euros na reurbanización da aldea de Socastro, na parroquia de San Xoán de Calo.
teo reurbanizacion 26 marzo 2024 (1)

Bisbarra, 26 de marzo do 2024 – O concello de Teo ven de investir 200.000 euros na reurbanización da aldea de Socastro, na parroquia de San Xoán de Calo.

Os traballos consistiron na renovación das súas rúas interiores e na súa rede de saneamento. A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, acompañada polo arquitecto municipal, supervisou de primeira o resultado destas actuacións.

As obras foron financiadas por fondos do POS+ 2021 da Deputación da Coruña. As pistas interiores da aldea recibiron un novo pavimento que, segundo a zona, foi de formigón cun acabado superficial rugoso e delimitado en varios tramos cunhas franxas transversais de lastras. As pistas máis distantes do núcleo foron pavimentadas cunha mestura bituminosa en quente.

As vías interiores de Socastro estaban moi deterioradas a causa das inclemencias meteorolóxicas e o paso de vehículos. O obxectivo do concello de Teo con estes traballos era conseguir uns accesos máis adecuados ao núcleo de Socastro ao tempo que se mellora a seguridade vial.

Teo aproveitou para completar tanto a rede de abastecemento de auga potable como a rede de augas residuais, garantindo o servizo a todas as vivendas e solares vacantes de edificación. Renovouse practicamente toda a rede e instalouse a infraestrutura necesaria para dotar de iluminación pública cunha rede de subministro totalmente soterrada.

Post navigation

Previous: Ames renova a casa das colonias felinas
Next: Melide súmase á oposición ao proxecto de ALTRI

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.