Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Comezan as obras de ampliación e mellora da estrada Galanas a Cacheiras, en Teo

teo-obras-galanas-cacheiras-slide-29-agosto-2024_r

Bisbarra, 29 de agosto do 2024 – Unha das obras máis esperadas no concello de Teo dou comezo esta semana, o tramo de mellora e ampliación das Galanas e Cacheiras.

O presidente da Deputación, Valentín González, o deputado de Deportes, Antonio Leira, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, asistiron ao inicio das en Cacheiras. O presidente provincial explicou que “Significa unha variante que elimina as curvas da estrada durante 700 metros e unha ampliación da plataforma considerable, con 9 metros e 7 deles de calzada. É un investimento importante, que se retrasa entre permisos e actualización de prezos. Por fin temos a oportunidade de ofrecerlles aos veciños e veciñas de Teo unha mellora de seguridade viaria”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Teo, recoñeceu atoparse “encantada”, xa que a obra “é unha mellora importantísima” para o municipio, xa que aporta “en materia de seguridade”.

Formoso engadiu que Estamos a falar que desde o ano 2016 e só a través do Plan Único investimos máis de 20 millóns de euros e temos a titularidade de estradas provinciais que temos que ir mellorando, tendo en conta que a maioría son vías de máis de 200 anos”.

Tal como explicou o presidente, a construción dunha variante entre os puntos quilométricos 3+500 e 4+240 vai evitar o paso da maior parte do tráfico polo núcleo da Igrexa, unha zona onde a vía actual é estreita e perigosa, e mellorar significativamente a seguridade viaria nunha zona na que era moi necesario.

A ampliación e mellora da DP-8202 conta cun importe de licitación de 561.215,62 euros e un prazo de execución é de 8 meses. As obras,que veñen de adxudicarse de novo tras a resolución do contrato anterior debido á necesidade de incluír no proxecto a construción dun pedraplén e a reconstrución manual dun muro de pedra, consistirán na creación dunha nova plataforma para a variante, do punto quilométrico 3+50 ao 4+040, e na mellora da actual onde o trazado coincide co actual. O vial disporá dun ancho de 9 metros, dos que 7 se destinarán á calzada e os outros 2 a beiravías (1 metro a cada lado).

Construiranse firmes flexibles de 46 centímetros de espesor, formados por unha capa de cascallo artificial tipo ZA 0/32 de 25 centímetros, outra de macadam bituminoso tipo M-2 de 15 centímetros, unha regadura asfáltica superficial e unha capa de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 50/70 de seis centímetros de espesor. Nas zonas onde as que o firme se apoia no existente, realizarase un reforzo cun espesor mínimo de 6 centímetros.

As drenaxes lonxitudinais solucionaranse mediante gabias tipo V de 1,2 metros de ancho e 40 centímetros de profundidade. Nas proximidades das drenaxes transversais, as cunetas revestiranse con formigón. En canto ás anteditas drenaxes transversais, executaranse con tubos de formigón con diámetros de 600  de 800 milímetros.

En canto á sinalización, a horizontal está prevista con marcas viarias de pintura branca reflexiva no eixo e nos bordos da calzada. Para a vertical, instalaranse sinais reflexivos. Tamén se contempla a colocación de barreiras de seguridade tipo bionda nos terrapléns de altura superior a 3 metros.

Post navigation

Previous: La Vuelta, entre as homenaxes e as protestas
Next: “Ruth e o Leviatán” un roteiro sobre o traballo en Compostela de Ruth Matilda Anderson

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.