Bisbarra, 17 de outubro do 2024 – O Concello de Teo aprobou a contratación da obra de asfaltado das vías municipais en Coira, incluíndo a mellora dos accesos existentes e a sinalización horizontal como a vertical.
O orzamento para esta actuación ascende a case 28.000 euros e o prazo de execución estímase nun dous meses. O tramo de Coira que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 2.100 m².
Tamén se levará a cabo o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.
As obras consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Así, procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.
Esta actuación vén dada polo actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario investir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.