Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo busca quen limpe o concello

dodro-lixo-slide-4-decembro-2023-(1)_r

Bisbarra, 12 de febreiro do 2025 – O concello de Teo ven de sacar a licitación o contrato do servizo de recollida de residuos urbanos, limpeza viaria e xestión do punto limpo municipal.

A concesión de este servizo en Teo suporá un custo de máis de 12 millóns de euros para un período de 10 anos. Foi un dos temas que máis debate xerou no final da pasada lexislatura, con distintas posturas sobre a conveniencia, ou non, da súa municipalización.

 Pasaron as eleccións e mudaron os protagonistas en todos os partidos así que toda comparación está de máis. O goberno municipal opta por resolver a cuestión buscando unha concesionaria.

Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 13 de marzo para presentar as súas ofertas, tendo dispoñible toda a información na Plataforma de Contratación do Estado.

O actual servizo de recollida de lixo e limpeza en Teo estase a prestar en precario dende o 1 agosto de 2022. En aquel momento rematou a segunda e derradeira prórroga prevista no contrato.

O novo contrato de Teo

Este novo contrato divídese en dous lotes, reservando un deles para promover a inserción de persoas con discapacidade no mercado laboral. O primeiro dos lotes comprende a limpeza viaria e a limpeza e mantemento de contedores, por importe de 5,8 millóns de euros. Neste lote inclúese a limpeza da totalidade das zonas de uso público do termo municipal, xa sexan municipais ou doutras administracións públicas.

Tamén comprende as fachadas de edificios de uso municipal e elementos de mobiliario urbano convencionais. Neste lote tamén se inclúe a limpeza (lavado e desinfección) de todos os contedores de resíduos urbanos ubicados no termo municipal, a cal se realizará de forma mecanizada.

A periodicidade de lavado dos contedores de recollida ordinaria ou fracción xeral será bimensual durante todo o ano, excepto os meses de xuño a setembro (ambos incluídos) que será mensual. Para aqueles contedores propios para o depósito de recollidas selectivas (papel-cartón, vidrio, envases, etc.), o contratista deberá mantelos en bo estado de limpeza e hixiene, sendo a periodicidade mínima de lavado para este tipo de colector e papeleiras de bimensual.

O segundo lote de Teo comprende a recollida de resíduos urbanos e a xestión do punto limpo municipal, por importe total de 6,9 millóns de euros. Unha partida reservada a centros especiais de emprego de iniciativa social para fomentar a inclusión de persoas con risco de exclusión social. O adxudicatario estará obrigado a recoller os residuos urbanos do termo municipal de Teo, na totalidade das zonas e percorridos.

Os ditos residuos urbanos serán transportados de forma inmediata a súa recollida á planta de transferencia de Santiago. Neste lote inclúese tamén a renovación do 100% da flota de contedores existentes, así como a incorporación de novas unidades, co fin de dispoñer dun servicio unificado e renovado.

Serán un total de 800 contedores de lixo para restos, 800 contedores para envases, 400 contedores para papel e cartón, 400 contedores para vidro. Ademais de 2.550 suxeita contedores e embelecedores e 600 soleras de illas.

Teo pide tamén que se sumen a estes medios150 contedores para a fracción orgánica que será aportados polo Concello mediante subvención da Xunta de Galicia para axudas a entidades locais.

Todos os contedores de nova adquisición instalados, así como os seus elementos accesorios, revertirán ao Concello ao termo do prazo de duración do servizo (10 anos).

No tocante ao Punto Limpo Municipal, o adxudicatario deste novo contrato deberá facerse cargo da súa xestión. Ademais de potenciar a recollida selectiva, deberá contribuír á desaparición de vertedoiros incontrolados e facilitar á cidadanía a evacuación de residuos que polo seu volume e características son de difícil e molesta eliminación; establecendo ademais un punto limpo móbil un día á semana para facilitar estes obxectivos.

Post navigation

Previous: Preservar a memoria da Barcala
Next: Músicos filólogos da USC conmemoran os 50 anos da súa facultade

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.