Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Teo

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Lugar de Agromaior no concello de Teo

Teo, 16/07/2026 – O Concello de Teo vén de licitar o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Agromaior, por importe de 75.941,08 euros. Esta actuación levarase a cabo mediante unha subvención do Plan Camiña Rural 2026-2027 da Consellería do Medio Rural.

As obras a realizar en Agromaior consisten fundamentalmente na mellora da capa de rodamento das pistas de titularidade municipal. Trátase dun tramo cunha lonxitude total duns 1.200 metros con anchuras variables e, polo tanto, unha superficie a aglomerar de 5.020 metros cadrados.

Logo da limpeza de gabias, levarase a cabo a mellora da capa de rodaxe e a sinalización horizontal e vertical, con pintado de liñas en bordes e colocación de sinais.

Esta zona de actuación presenta graves deficiencias en canto ao acabado superficial do pavimento da calzada e das gabias, o que impide o seu correcto funcionamento, presentando descarnaduras, fendas e fochancas distribuídas de maneira xeneralizada pola súa superficie.

As actuacións previstas en Agromaior pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave prexuízo no uso destas infraestruturas polo cidadán.

Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 28 de xullo.

Post navigation

Previous: A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro
Next: O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.