Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo licita a adecuación do local do futuro centro de día

O prazo para a presentación de ofertas para o acondicionamento do futuro centyro de día remata o 22 de xaneiro.

teo licita mobiliario centro dia 8 xaneiro 2025 (1) SLIDE

Máis de seiscentos mil euros son os que destina o concello de Teo a adecuación do futuro centro de dia municipal. A licitación ven de ser publicada na Plataforma de Contratos do Sector Público e no perfil do contratante da web do concello.

O importe concreto para o centro de día de Teo alcanza os 646.736,4 euros e o prazo para a presentación de ofertas remata o 22 de xaneiro. O edificio conta cunha superficie útil de 829,40 m², dos cales 532,62 m² se dedicarán ao centro de día e os 296,78 m² restantes reservaranse para unha posible ampliación futura.

 O deseño proposto incorpora criterios de accesibilidade universal, confort térmico e acústico, eficiencia enerxética, seguridade contra incendios e sinalización cognitiva, conforme aos estándares esixidos para a súa acreditación como centro de servicios sociais.

Ademais de adaptar o seu interior, tamén se procederá á urbanización da contorna do edificio, cunha dobre zona de aparcamento e de manobra que permitirá o correcto desenvolvemento da actividade do centro de día.

En canto ao deseño interior do edificio, este contará con dúas zonas diferenciadas: unha dedicada aos espazos de maior dinamismo e participación colectiva, como son a zona de actividades, a sala polivalente, o comedor e a cociña con office e almacén auxiliar; e a outra para os espazos máis funcionais, técnicos e de atención personalizada, tales como os despachos administrativos, a sala de atención social e enfermería, os vestiarios e aseos do persoal e o cuarto de instalacións.

Post navigation

Previous: Negreira anticipa a programación de teatro do semestre
Next: Apoio da Deputación ás asociacións veciñais e de mulleres

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.