Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

As cámaras sitúanse nas principais vías de entrada e saída de Teo, permitindo a observación do estado da circulación.

Casa consistorial de Teo

Teo, 21/07/2026 – O concello de Teo instala nas entradas do municipio unha serie de cámaras que axudarán a controlar a circulación. O goberno municipal indica que o sistema foi deseñado respectando as garantías establecidas na normativa de protección de datos e na lexislación reguladora da utilización de videocámaras por parte das Forzas e Corpos de Seguridade.

O obxectivo de estas cámaras de videovixilancia é tamén reforzar a seguridade e facilitar as funcións de control que corresponden á Policía Local. As cámaras sitúanse nas principais vías de entrada e saída do termo municipal, permitindo a observación do estado da circulación e a obtención de información necesaria para a xestión das incidencias de tráfico, a prevención de situacións de risco e a investigación, cando proceda, sempre de acordo coa normativa vixente.

O sistema incorpora tecnoloxía de lectura automática de matrículas como ferramenta de apoio ás funcións legalmente atribuídas ás autoridades competentes en materia de tráfico e seguridade. O seu uso realizarase exclusivamente para as finalidades previstas na lexislación aplicable e baixo os principios de necesidade, proporcionalidade e minimización de datos.

O Concello quere trasladar á cidadanía que este sistema foi deseñado respectando as garantías establecidas na normativa de protección de datos e na lexislación reguladora da utilización de videocámaras por parte das Forzas e Corpos de Seguridade.

En particular, as cámaras están orientadas exclusivamente cara ás vías públicas e aos accesos ao municipio, polo que non se captarán imaxes do interior de vivendas nin doutros espazos especialmente protexidos.

O sistema non realiza gravación de son e o acceso ás imaxes queda restrinxido exclusivamente ao persoal e ás autoridades legalmente habilitadas. Por último, sinalar que as gravacións conservaranse unicamente durante o prazo legalmente establecido, salvo que deban preservarse por estar relacionadas cunha investigación policial, un procedemento administrativo ou un proceso xudicial.

Nas distintas localizacións están instalados os correspondentes carteis informativos que comunican á cidadanía a existencia do sistema de videovixilancia, a identidade do responsable do tratamento e a forma de obter información adicional sobre o tratamento dos datos persoais e o exercicio dos dereitos que resulten aplicables.

Con esta actuación, o Concello pretende contribuír á mellora da seguridade e á xestión máis eficiente da mobilidade no municipio, empregando medios tecnolóxicos que permitan apoiar o labor da Policía Local dentro do marco legal vixente e co máximo respecto aos dereitos fundamentais da cidadanía.

Post navigation

Previous: As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames
Next: Ghaleb Jaber Ibrahim, impulsor da Fundación Araguaney, pregoeiro do Apóstolo

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.