Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

O Centro de Día de Teo xa ten un lugar

teo-terreno-centro-de-dia-slide-2-xaneiro-2025_r

Bisbarra, 2 de xaneiro do 2025 – O Concello de Teo vén de adquirir un inmoble situado en Cacheiras para proxectar alí o seu primeiro Centro de Día.

A compra levouse a cabo grazas a un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, o cal financia integramente a adquisición para o Centro de Día..

Ata o momento, o municipio de Teo carecía deste servizo. Preto dunha trintena de persoas maiores do Concello vense obrigadas a utilizar este tipo de servizos fóra do municipio. O Centro de Día fora unha das promesas electorais do actual grupo de goberno.

Coa construción deste Centro de Día, o Concello de Teo contará cun recurso para a conciliación da vida persoal e familiar, proporcionando atención integral ás persoas maiores.

No municipio a poboación maior do concello representa unha alta porcentaxe, pois supera os 4.000 habitantes con máis de 65 anos. Por iso, salientou a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, que este Centro de Día é unha prioridade para o seu Goberno, tal e como recollía o seu programa electoral.

Ao longo de este ano procederase a elaborar o proxecto técnico, co fin de poder iniciar canto antes a reforma integral deste local, o cal conta cunha superficie de 1.000 metros cadrados.

As previsións iniciais que manexa o Goberno local é poder contar co novo Centro de Día cara finais do vindeiro ano, estando sempre suxeito ao correcto desenvolvemento das obras.

Post navigation

Previous: Reforzo para o SAF do Pino
Next: Un Conselleiro no Pico Sacro

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.