Teo, 5 de agosto do 2021 – A ponte de Pontevea está sendo dotada dunha nova iluminación aínda non rematada pero algúns inconsciente non quixo esperar.
A través das redes sociais coñecíamos que esa nova iluminación fora acendida por un inconsciente accedendo directamente ao tendido a través dunha farola.
O risco de manipular un tendido eléctrico sen a capacitación necesaria pon en risco evidente a quen o fai que, ademais, deixou unha luminaria aberta extendendo o perigo a calquera que poida pasar polo lugar.
A voceira socialista e responsable dos traballos, Uxía Lemus, lembraba o dito no último pleno “a iluminación está pendente de probas finais e cando procedamos ao seu acendido, farémolo público”. A concelleira ordenou o apagado e tramitarán a correspondente denuncia.