Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo proporá o nomeamento de Roberto Vilar e Romero Masiá como fillos adoptivos do municipio

teo fillos adoptivos SLIDE 25 abril 2025

Tamén se concederá unha mención de honra para a asociación Teenses pola Igualdade. As propostas irán ao pleno do día 30.

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo un encontro con Roberto Vilar e Rafael Romero Masiá para comunicarlles que no vindeiro Pleno se proporá o seu nomeamento como fillos adoptivos do Concello.

Do mesmo xeito, trasladoulle á presidenta de Teenses pola Igualdade, Zora Leis, que a asociación recibirá unha mención de honra. A rexedora puxo en valor “o traballo levado a cabo por todos eles, contribuíndo a espallar a cultura e a arte, así como o nome de Galicia, polo mundo adiante e defendendo, no caso da asociación, a igualdade de oportunidades en todos os eidos da vida de forma conxunta”.

Todas estas manifestacións e contribucións á unha sociedade máis xusta e equitativa merecen, segundo a rexedora municipal, unha distinción de peso que permita ser recordada no tempo.

Lucía Calvo aproveitou a xuntanza para agradecerlles, en nome do Concello, a súa achega ao mundo da cultura en xeral e das belas artes, da comunicación e da defensa pola igualdade en particular.  

Persoas ilustres

O actor e presentador galego, Roberto Vilar, comezou como cámara e axudante de realización de programas na Televisión de Galicia, pero non tardou en pasar ao outro lado da cámara.

O seu éxito chega ao interpretar na parella humorística “Os Tonechos” o papel de Tonecho, realizando unha infinidade de actuacións no programa “Luar” da TVG.

No 2009, arranca cun novo programa de humor que presenta, dirixe e produce chamado “Land Rober” xunto a outros colaboradores e que, anos despois, pasará a ser Land Rober – Tunai Show. Precisamente, da man destes programas, recibiu varios Premios Mestre Mateo como Mellor Comunicador de Televisión.

O artista santiagués Rafael Romero Masiá é licenciado en Belas Artes pola facultade de Santa Isabel de Hungría, en Sevilla. Dende o ano 1982 é profesor numerario de debuxo artístico na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

As súas exposicións artísticas individuais e colectivas chegaron a numerosos recunchos da xeografía española, traspasando fronteiras ata cidades como París ou Lorient, no país veciño de Francia. Entre os galardóns recibidos, que non son poucos, destaca o 1º Premio Provincial no XXVIII Certame Nacional de Arte, o 2º Premio do Primeiro Certame Nacional de Pintura “Isidro Parga Pondal” ou o 1º Premio no IV Certame Internacional de Pintura “Puerto Banús” de Marbella.

A asociación Teenses pola Igualdade naceu no ano 2003 co propósito de traballar a prol da igualdade de oportunidades en todos os eidos da vida e erradicando calquera clase de violencia contra as mulleres, buscando unha igualdade real e efectiva en todos os ámbitos da sociedade.

A súa férrea defensa dunha sociedade inclusiva, respectuosa e sensible coa diversidade e cos dereitos de todas as persoas fixeron que a dita asociación recibira recentemente unha mención honorífica nos Recoñecementos Meninas, outorgados pola Delegación do Goberno e que van dedicados a persoas e entidades que loitan contra a violencia machista e promoven a igualdade.

Post navigation

Previous: O Psoe segue coa liorta no pleno de Compostela
Next: Critican a desaparición do servizo de desbroce, limpeza e mantemento do rural en Ames

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.