займ срочно

I Festival de teatro escolar de Teo organizado polo IES de Cacheiras

0

Teo, 29 de abril do 2022 – O Instituo de Educación Secundaria de Cacheiras, en Teo, organiza este vindeiro sábado, na Burga de Xermeade, o I Festival de teatro escolar.

O encontro de teatro foi presentado este xoves no salón de plenos do concelo coa participación da concelleira de Cultura e Educación María López Álvarez; a Técnica de Cultura, Lucía Mosquera; alumnas do grupo de teatro que protagonizan o roteiro, Lidia Puga Castelao, Nahir Carbajales García, Carlota De Miguel González, Ariadna Gómez Varela; a Vicedirectora do IES de Cacheiras, Trinidad Pazos Celis e o profesor encargado da Aula de Teatro Afonso García Penas.

Precisamente este mestre explicaba para Lindeiros a importancia do teatro na escola

Este evento está organizado pola Aula de Teatro do IES de Cacherias, o equipo de dinamización da lingua galega, a Biblioteca Luisa Villalta e o Departamento de Vicedirección e actividades extraescolares e conta coa colaboración do Concello de TEO.

Programa I Festival Teatro Escolar

Haberá un roteiro teatral ás 11:00 horas na Burga De Xermeade, que estará protagonizado por alumnado e profesorado do instituto. Este roteiro consta de cinco escenas que permiten imaxinar o bulicio que en Pontevea e Xermeade existiu arredor das súas augas axofradas e curativas. Comeza cun grupo de excursionistas conducidos por guías internándose de par do río pola verea que conduce á Burga de Xermeade. Regresan a finais do século XIX e principios do XX. Saen ao paso os anunciantes das pousadas e casas de baños. A xente acode á Burga para bañarse ou a por auga para beber, e iso que cheira e sabe a ovos podres, pero sanda e cura enfermidades da pel, respiratorias, do fígado, a reuma… Uns van e veñen no día, báñanse na pía que alí se construíu; outros veñen e botan os 9 ou 11 días perceptivos nas casas de baños e xa non pisan a bañeira, a non ser as das casas, non queren mesturarse co vulgo.

Tanta xente acode que as condicións de hixiene, ou outros intereses de negocio particulares, fan que as autoridades clausuren e pechen a Burga, impedindo o baño nese lugar e mesmo que esta sexa levada para as casas. Os veciños manifestan a súa indignación, seguen indo e ademais acoden á xustiza ante o intento de venda e privatización das augas. Tamén se poñen en venda as casas de baño ou dedícanse a outros asuntos.

Pasaron os anos, a deshora aparece unha parella que en tempos acudiu a Xermeade, foilles ben coas augas e volven por ver de sandaren das súas doenzas. Mais ese mundo esvaeceu, agora o que encontran son excursionistas.

Ás 13:00 horas, no Auditorio Constane Liste, da Ramallosa, a Aula de Teatro do Ies De Cacheiras, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Aula de Teatro do Cpi Fonte Díaz, de Touro e A Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas porán en escena o espectáculo REVIRACONTOS.

Trátase dun espectáculo de creación colectiva que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta imprescindible na realización plena do ser humano. As actrices e actores destas compañías amosan a través das súas escenas a posta en práctica de valores fundamentais como a paz, o respecto ao medioambiente, a tolerancia, a solidariedade, a integración…

A través dunha viaxe ao mundo dos contos relatados pola literatura popular e culta, as actrices e os actores destas compañías reivindican tamén o valor da lectura como elemento esencial na formación de persoas emocionalmente equilibradas, autónomas, libres; poñen de manifesto a relevancia da solidariedade con aqueles seres humanos que sofren pola súa condición de xénero ou raza e reivindican o valor dos proxectos educativos colectivos…

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies