Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Hemeroteca axenda

A Feira da Terra de Teo volve a carballeira de Francos o domingo

teo festeo feira da terra slide 7 junio 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 7 de xuño do 2017 – O domingo 11 de xuño, volve a festa da veciñanza de Teo á carballeira de Francos en Calo. O Festeo e a Feira da Terra encherán á carballeira dunha manchea de actividades para persoas de todas as idades.
    • Horarios da actividade da feira e das actuacións das asociacións

Teo, 7 de xuño do 2017 – O domingo 11 de xuño, volve a festa da veciñanza de Teo á carballeira de Francos en Calo. O Festeo e a Feira da Terra encherán á carballeira dunha manchea de actividades para persoas de todas as idades.

Música, deporte, teatro, obradoiros e moitas outras propostas conflúen nunha xornada na que participan asociacións de todo o municipio. A Asociación A Carballeira do San Martiño tamén terá o seu espazo destacado para a Feira da Terra.

No espazo do Festeo haberá unha mesa de participación das entidades teenses e haberá polbeiras e postos de comida. O remate da festa, a partir das 20:00 horas, será o concerto da orquestra Os Modernos.

Un dos momentos máis emotivos da xornada será a homenaxe a Malena Suárez, expresidente da ARCOS Tilos, pola súa traxectoria á fronte desa entidade. Este recoñecemento do Concello de Teo e do seu movemento asociativo foi acordado na primeira xuntanza do Consello de Relacións Veciñais que se reuniu en maio e acordou efectuar cada ano unha homenaxe a unha persoa vinculada co movemento asociativo.

Horarios da actividade da feira e das actuacións das asociacións

[tabs]
[tab title=”Xenérica”]De 12:00 a 18:00 horas. Actividade de mercado na Feira de Terra.

Durante a mañá: demostración de palilleiras.

12:00 horas. Actuación da Pontevella.

12:15 horas. Roteiro de herbas comestibles.

12:30 horas. Actuación da agrupación Rosalía de Castro.

13:00 horas. Actuación da SR de Calo.

13:30 horas. Homenaxe á ARC Os Tilos, na persoa da súa ex-presidenta, Malena Suárez Silva.

16:00 horas. Actuación de A Mámoa, Luou.

16:30 horas. Actuación da Coral de Cruceiro do Monte.

17:00 horas. Actuación das Pandereteiras de As Repenicas.

17:15 horas. Grupo de guitarra da ARC Os Tilos.

17:30 horas. Grupo de canto Aleceia.

18:00 horas. Actuación da Banda de Teo.

18:00 horas. Actuación do obradoiro municipal de teatro.[/tab]
[tab title=”Deportes”]De 12:00 a 13:00 horas. Club de Taekwondo Wellness.

De 13:00 a 14:00 horas. Praíña Sporting Club.

De 15:30 a 16:30 horas. Béisbol.

De 16:30 a 17:30 horas. Valentes Fútbol Americano.

De 17:00 a 18:00 horas. Escola de Béisbol e Sóftbol dos Tilos.

De 17:30 a 18:00 horas. Cansport.

De 12:00 a 18:00 horas. Xadrez CSF Teo.[/tab]
[tab title=”Obradoiros”]De 12:15 a 14:00 horas. Obradoiro de cociña da ARC Os Tilos para nenos/as de 5 a 11 anos.

De 16:00 a 18:00 horas. Actividades infantís.

16:30 horas. Obradoiro de gorras.

17:45 horas. Demostración de break dance.

18:30 horas. Actuación da compañía Chévere con Aspamite.[/tab]
[/tabs]

 

A xornada festiva pecharase coa actuación da orquestra Os Modernos.

Post navigation

Previous: Pacto x Ames reclama máis seguridade ao producirse novos roubos no Milladoiro
Next: Movendo os marcos: Festival de videoarte de Betanzos BetaFest

Máis novas

I Venres de Desconto_Evento Aemi_Fb
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

A asociación de comerciante do Milladoiro, AEMI, organiza o Venres do desconto

o pino media maraton slide 16 junio 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

O Pino e Arzúa organizan a media maratón O Gran Camiño

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

galicia escena pro slide 15 junio 2017 (2)_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Galicia Escena Pro pecha as portas da quinta edición

galicia escena pro circo slide 14 junio 2017 (2)_r
3 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

agamus xornadas portas abertas slide 14 junio 2017_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia

a aventura de ler slide 14 junio do 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Xandobela organiza A aventura de ler, unha xornada formativa de ámbito europeo

dia mundial contra la explotacion infantil rua bicicleta slide 12 junio 2017 (2)_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.