Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Teo impulsa un estudo de medición de radon en vivendas

O Concello de Teo pon en marcha, en colaboración coa USC, un estudo de medición de gas radon en vivendas do concello.
teo-estudo-radon-slide-28-setembro-2020-(2)_r

Teo, 28 de setembro do 2020 – O Concello de Teo pon en marcha, en colaboración coa USC, un estudo de medición de gas radon en vivendas do concello.

O Laboratoria de Radon de Galicia será o encargado do traballo técnico que se realizará nos vindeiros meses e se fará en 180 vivendas unifamiliares do municipio.

As persoas interesadas en participar no estudo teñen un prazo para anotarse, dende o 5 ao 25 de outubro, cubrindo unha instancia que se pode descargar ou recoller nas oficinas municipais. A inscrición farase por orde de rexistro e se hai menos solicitudes ampliarase o prazo para pedir o estudo.

Teo impulsa un estudo de medición de radon en vivendasA iniciativa foi presentada pola Concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, e un membro do Laboratorio de Radon, Alberto Ruano. Na intervención a concelleira destacou que o estudo entra dentro do programa Teo Sostible co que “agardamos ter un mapa máis real da situación das vivendas de Teo en relación coa incidencia do radon”. Chamou á tranquilidade explicando que neste tema “non hai que ser alarmistas pero é bo ter cada vez máis información rigurosa para poder tamén informar á cidadanía”.

O gas radon é un canceríxeno pulmonar de orixe natural incoloro, inodoro e insípido e pode alcanzar concentracións de risco para a saúde en aquelas zonas onde haxa moito uranio nas rochas. Case toda Galicia é zona de elevada emanación de radon. Diante desta situación “resulta de interese a participación neste estudo para ver o escenario que temos en Teo” indica a concelleira. Destacou así mesmo a colaboración institucional co Laboratorio de Radon de Galicia xa que os datos obtidos do estudo servirán para ambos organismos.

As vivendas que poden participar no estudo será vivendas unifamiliares de Teo (illadas ou adosadas) con preferencia para as que teñan soto. As persoas residentes na vivenda deben estar empadroadas no Concello. As medicións durará ao redor de tres meses dende que as persoas participantes reciban os medidores. Segundo explicou Alberto Ruano os/as participantes recibirán nas súas casas dous medidores que estarán colocados no dormitorio principal e no salón da vivenda. Unha vez rematado o período de medición devolveranse nun sobre para o seu análise por parte do laboratorio. Cabe destacar que en todo este proceso ningunha persoa allea terá que visitar as casas, nin para a entrega do material nin para a recollida xa que se fará por correo.

A previsión é que a mediados de novembro poida estar a listaxe de persoas interesadas en participar no estudo e dende aí recibirán o material. No primeiro semestre de 2021 deberemos ter o estudo dos resultados. Por unha banda cada participante recibirá un informe confidencial con recomendacións segundo os niveis atopados no seu fogar e o Concello un informe xeral da situación en base aos datos xerais destas 180 vivendas analizadas. Os datos particulares serán sempre confidencias e a participación neste estudo é de balde. O Concello é o que realiza a aportación económica ao Laboratorio, unha cifra que se achegua aos 13.000 euros.

Dende o Concello tamén se valorará nos vindeiros meses a posibilidade de realizar unha campaña informativa sobre a incidencia do radon e aquelas medidas que poden tomar os/as propietarios/as das vivendas para minimizar o seu impacto.

Post navigation

Previous: Raúl Dans recolle o II Premio Laudamuco para Textos Teatrais
Next: Alcaldes. Toques, Miguel Buján

Máis novas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Casa consistorial de Teo
3 minutes read
  • Teo

Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.