Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo recibe unha doazón de material para o servizo de emerxencias

A empresa de Teo Fuego y Mar, formación integral ven de facer unha doazón de material ao servizo de emerxencias municipal.
TEO SLIDE

Bisbarra, 14 de decembro do 2023 – A empresa de Teo Fuego y Mar, formación integral ven de facer unha doazón de material ao servizo de emerxencias municipal.

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, recibiu o material de mans do fundador, Pedro Pablo Gutiérrez, e xunto co concelleiro  de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, e unha representación dos traballadores de Protección Civil e da Policía Local.

Lucía Calvo agradeceu este xesto por parte da compañía local, que doou un total de seis cascos e 12 traxes de parque (dous para cada traballador). Desta forma, os integrantes do servizo terán nova indumentaria para realizar os seus labores con todas as garantías e seguridade.

A rexedora de Teo trasladou a importancia de renovar os equipos de protección individual e, salientou, que o Consistorio mantivo diversas xuntanzas co persoal de emerxencias para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas, co fin de mellorar o desempeño das súas funcións.

Actualmente emerxencias de Teo conta con 6 persoas contratadas que se encargan de manter o servizo operativo. Estes traballadores coordínanse con outras 18 persoas, de carácter voluntario, coas que conta a agrupación, sumando un conxunto de 25 efectivos no concello de Teo.

Empresa local

Aproveitando a ocasión, a alcaldesa visitou as instalacións de Fuego y Mar e interesouse polos distintos servizos que ofrece esta compañía. Da man do seu fundador Pedro Pablo Gutiérrez, a rexedora coñeceu o seu funcionamento e puxo en valor o despregue técnico e material do que dispón a empresa, ademais da formación teórico-práctica que imparte.

A compañía desenvolve cursos de formación específicos para a mellora da capacitación profesional en ámbitos tan diversos como o marítimo, sanitario, industrial ou forestal, entre outros.

Post navigation

Previous: Este venres abre o Mercado da Estrela en Compostela
Next: Vedra márcase o obxectivo dos 5.000 habitantes

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.