Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo divulga o uso do contedor marrón para residuos orgánicos

Casa consistorial de Teo

Bisbarra, 21 de novembro do 2024 – O Concello de Teo estase adaptando aos novos criterios de xestión de residuos coa incorporación, nos vindeiros meses, do colector marrón para a recollida exclusiva de residuos orgánicos.

Para informar e concienciar á poboación do uso deste novo contedor, o Consistorio impulsa unha campaña de sensibilización para todas as familias. Os interesados poderán achegarse á carpa de “Ti tes a Chave” os vindeiros 21 e 22 de novembro en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.30 horas e informarse alí dos usos deste novo colector.

Concretamente, o xoves á mañá estará na explanada da Casa do Concello e, pola tarde, ao carón da rotonda do supermercado Gadis. O venres pola mañá estará no aparcadoiro municipal da SR Calo e, pola tarde, na Praza do Mercado Labrego.

O 28 de novembro, tamén comezarán unhas xornadas formativas sobre reciclaxe e compostaxe nos centros educativos do municipio. O CEIP Plurilingüe Os Tilos será o primeiro en acoller esta iniciativa, seguido do CEIP A Ramallosa.

Desta forma, a cativada tamén aprenderá da importancia de reciclar e separar, xa que cos restos depositados pode facerse compost, biorresiduo que pode aproveitarse como fertilizante e, incluso, como xerador de enerxía. Con esta campaña búscase, sobre todo entre a rapazada, promover unha reciclaxe desde os fogares e conseguir así reducir a cantidade de residuos que se xeran, evitando o consumo excesivo e o desperdicio de produtos.

Post navigation

Previous: Chega ás pantallas “Prefiro condenarme” de Margarita Ledo
Next: Advirten da sobre explotación das augas termais como as de Brión

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.